L1301016 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Actividade mixta dirixida a todo o profesorado, interesante para traballar dende todas as áreas e materias, a desenvolver no CFR de Lugo
Dom, 11/08/2013 - 01:14
Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA

O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.

Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado con profesorado de clásicas, idiomas, educación primaria e educación secundaria, sociais, etc. e que se decidiu repetir dada o éxito acadado na valoración da  (interese amosado, alta implicación, avaliación  e satisfacción por parte do profesorado asistente).

O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta no enfoque por proxectos e o ensino do patrimonio para a solución das posibles dúbidas) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

Hai que subliñar que o ensino do patrimonio (cultural, natural, artístico, oral....) é interesante e aplicable para o profesorado de todas as áreas e materias. Tamén se abordarán aspectos das tecnoloxías móbiles e dixitais e o emprego de ferramentas colaborativas. Completaranse as sesións informativas con visitas guiadas pola cidade e  visitas tamén didácticas a varios centros museísticos.

Profesorado relator:

  • D.  Fernando Trujillo Sáez ( profesor na Universidade de Granada). Acceso ás súas webs
  • D. Ramón Noche Fraga (profesor no IES Xograr  Afonso Gómez Sarria e autor do blog Alifbai)
  • D. Manuel González Álvarez  (profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e autor de Cliphistoria)
  • D. José Luís Guede Losada (profesor no CPR San José de Ourense, autor de Civitas Auriensis)
  • D. Antonio Reigosa Carreiras (Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e autor da web Galicia Encantada)
  • D. Josué LLul Peñalba (profesor de Ciencias Sociais, xeografía e historia, director do Departamento de Didácticas Específicas na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares e coautor de La ciudad en el arte)

En breve comezarase o proceso de selección. Pregamos confirmen ou renuncien o máis rápido posible.

Menús CAFI node R

 

Sección