Gallego

Caderno intercultural

Nesta sección encontraredes bancos, galerías e coleccións de sons, fotografías, ilustracións, animacións, vídeos, iconas e símbolos de uso libre ou con licenzas Creative Commons para empregar nos vosos traballos e proxectos didácticos ou educativos.

Podedes acceder a través desta ligazón: CADERNO INTERCULTURAL
Gallego
cuaderno intercultural

Curso A literatura infantil e xuvenil na biblioteca escolar

Summary: 

Do 6 de febreiro ao 4 de abril celebrarase no CFR de Vigo o curso V1201048 Curso A literatura infantil e xuvenil na biblioteca escolar.
Gallego

Data de comezo: 6 de febreiro de 2013.

Data de finalización: 4 de abril de 2013.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 30 horas.

FPROFE: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=218

biblio
biblio

C1203001 A creación literaria e os seus autores. IX Encontros con escritores.

Summary: 

Nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores. Escritor invitado: Rafael argullol.
Gallego

O vindeiro xoves día 31 de Xaneiro ás 18:00 no Salón de Actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo "A creación literaria e os seus autores" na que teremos como autor invitado ao escritor, filósofo e profesor universitario Rafael Argullol (http://rafaelargullol.com/)

Rafael Argullol
Rafael Argullol

Eventos de ámbito autonómico do segundo e terceiro trimestre

Summary: 

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.
Gallego

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.

eventos

eventos segundo trimestre

Actividades aprobadas 2012-2013

Summary: 

PFACs Abalar, grupos de traballo e seminarios aprobados no CFR da Coruña para o curso 2012/2013.
Gallego
GT logo

G1202001 A sociedade en rede

Summary: 

Durante os días 23 e 24 de novembro (venres e sábado) tiveron lugar, no Auditorio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), as Xornadas de formación A sociedade en rede(G1202001), dirixidas a todo o profesorado.
Gallego

Durante os días 23 e 24 de novembro (venres e sábado) tiveron lugar, no Auditorio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), as Xornadas de formación A sociedade en rede (G1202001), dirixidas a todo o profesorado. 

Fotografías do evento:

 

sociedade en rede
a sociedade en rede

Curso: L1201017- Lingua 2.0. Ensinar en rede

Summary: 

Curso a desenvolver no primeiro trimestre no CFR de Lugo
Gallego

Outra das actividades que temos previsto desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano 2013 no CFR de Lugo  dende a asesoría Lingüística e social é o curso: L1201017 - Lingua 2.0. Ensinar en rede.

Cartel curso Lingua 2.0. Ensinar en rede

Cartel elaborado con imaxes propias //CC BY-NC-SA
       

 

 

 

 

Estes son os obxectivos e contidos que abordaremos e tentaremos  acadar.

Obxectivos

1.Coñecer as posibilidades que ofrece a web 2.0. no ensino da lingua e literatura.

2.Amosar os recursos que presenta a rede como plataforma de xestión dunha aula de lingua.

3.Deseñar propostas e actividades de aula utilizando algunha das ferramentas presentadas.

Contidos

1. As redes sociais como plataformas de traballo colaborativo online.

2. A xestión dunha aula a través dunha comunidade de aprendizaxe en liña: experiencias educativas con moodle.

3. A lectura e a escritura en rede.

4. Posibilidades educativas das ferramentas da web 2.0. : blogs, wikis, podcast, presentacións en liña, marcadores sociais...

5. Plataformas ou contorno para a creación de materiais educativos: Edilim, Ardora, Jclic... 

A duración é de 30 h e se algunha persoa está interesada aínda está dentro do prazo para facer a inscrición ata o 14 de decembro de 2012.

Data: 

03/04/2013

Tema: 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Curso L1201015 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Summary: 

Actividade mixta a desenvolver no primeiro trimestre do 2013 no CFR de Lugo
Gallego

Cartel curso didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel  elaborado con imaxes propias, mans de: http://mrg.bz/PNHw50//licenza  libre Morguefile

Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha nova actividade mixta que se vai desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano 2013 dentro das actividades programadas dende a área Lingüística e social do CFR de Lugo.
Esta nova actividade de formación computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto de forma colaborativa.
As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo pro proxectos,  o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da nosa contorna. Tamén teremos en conta as contornas de aprendizaxe colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e dixitais.
Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social e ao profesorado dun mesmo centro.
Aínda estades a tempo de facer a inscrición.

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Convocatoria 'Nós tamén creamos!', até o 1 de marzo de 2013

Summary: 

Tres premios para curtas de animación en galego
Gallego

Convocatoria conxunta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa 'Nós tamén creamos!' en centros de infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2012/2013.

Colaboran a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e OQOeditora.

Pódese atopar o texto da convocatoria e o modelo de inscrición na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios

'Nós tamén creamos!'