Gallego

S1601018 Encamiñamento e conmutación

Summary: 

Curso presencial do Plan Anual de Formación Profesional que se celebrará en Santiago de Compostela do 5 ao 9 de setembro.
Gallego

Referencia: S1601018

Temporalización: 05/09/2016 - 09/09/2016

Data límite de inscrición en fprofe: 11/07/2016

Lugar: IES San Clemente (Santiago de Compostela)

Prazas: 24

Horas: 30 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30, de luns a xoves; o venres unicamente de 10:00 a 14:00)

Destinatarios:

  • Ciclos formativos
  •   + Informática e comunicacións
        # Ciclos formativos de grao medio
          - CMIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes
            * MP0224 - Sistemas operativos en rede
            * MP0225 - Redes locais
            * MP0227 - Servizos en rede
        # Ciclos formativos de grao superior
          - CSIFC01 - Administración de sistemas informáticos en rede
            * MP0369 - Implantación de sistemas operativos
            * MP0370 - Planificación e administración de redes
            * MP0374 - Administración de sistemas operativos
            * MP0375 - Servizos de rede e internet
            * MP0379 - Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede
          - CSIFC02 - Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
            * MP0483 - Sistemas informáticos
          - CSIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web
            * MP0483 - Sistemas informáticos
        # Formación Profesional Básica
          - CBIFC01 - Informática e comunicacións
            * MP3016 - Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos

Corpos e especialidades:

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática

590107 - Profesores de ensino secundario. Informática

591227 - Profesores técnicos de formación profesional. Sistemas e aplicacións informáticas

Obxectivos:

1.Analizar e practicar co encamiñamento básico convencional e con mecanismos NAT.

2.Practicar a configuración e posta en explotación de protocolos de encamiñamento dinámico. RIPv2.

3.Practicar a configuración de conmutadores básicos xestionables.

Contidos:

1.Encamiñamento básico convencional.

2.Redirección.

3.Encamiñamento con NAT.

4.Encamiñamento con regras e métricas estáticas.

5.Protocolos de encamiñamento dinámico. RIPv2.

6.Subnetting.

7.Conmutación.

Relator: Benjamín Lois Salgado

Asesor da actividade: Ignacio Rodiño Caramés (nachorodino@edu.xunta.es)

S1601018_encaminamento
S1601018_encaminamento

S1601023 Realización de videoproxeccións en vivo para eventos

Summary: 

Curso de video-mapping
Gallego

O curso abordará o coñecemento de todo o proceso tanto creativo como técnico para a realización de proxeccións audiovisuais en vivo para diferentes tipos de eventos como espectáculos musicais, obras de teatro, sesións de vídeo disc-jockey, presentacións de marca ou produto, exhibicións de videomapping etc..

- Planificación, coñecemento tanto do proceso creativo como técnico e fluxo de traballo para desenvolver un espectáculo audiovisual en directo.

- Análise e manexo do software RESOLUME AREA para a realización en directo de videoproxeccións e videomapping.

- Análise do hardware necesario para un correcto funcionamento do software en eventos en vivo.

O curso terá lugar no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela e o horario provisional do curso é:

- Luns 5 de setembro de 10 a 14 horas.

- Martes 6 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.

- Mércores 7 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.

A inscrición terá lugar en www.edu.xunta.gal/fprofe ata o 11 de xullo.

videomapping
videomapping

S1601011 Bomba de calor aire-aire

Summary: 

Curso presencial de 20 horas que se celebrará no CIFP de Coroso (Ribeira) na semana do 5 ao 9 de setembro. Inscríbete en fprofe ata o 11/07/16
Gallego

Referencia: S1601011
Temporalización:  05/09/2016  -  09/09/2016
Data límite de inscrición: 11/07/2016
Lugar: CIFP Coroso (Ribeira)
Prazas:  20 -  Horas:  20 (en horario de mañá)

Destinatarios:

  • Ciclos formativos
  •   + Instalación e mantemento
        # Ciclos formativos de grao medio
          - CMIMA01 - Instalacións frigoríficas e de climatización
          - CMIMA02 - Instalacións de produción de calor
        # Ciclos formativos de grao superior
          - CSIMA01 - Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
          - CSIMA02 - Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Corpos e especialidades:

511113 - Catedráticos de ensino secundario. Organización e proxectos sistemas enerxéticos

590113 - Profesores de ensino secundario. Organización e proxectos sistemas enerxéticos

591205 - Profesores técnicos de formación profesional. Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos

Obxectivos:

1.Analizar os distintos tipos de bombas de calor actuais.

2.Coñecer e diagnósticas os tipos de avarías comúns nas bombas de calor aire aire.

3.Realizar o mantemento das bombas de calor aire aire.

Contidos:

1.Funcionamento das bombas de calor aire-aire.

2.Estudo das características principais dos seus elementos fundamentais.

3.Estudo das anomalías e avarías mais frecuentes, derivadas da súa montaxe, operación e mantemento.

4.Realización dunha práctica demostrativa contemplada no apartado anterior.

Relator: Juan Manuel Franco Lijó

Asesor da actividade: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

S1601011 - Bomba de calor aire aire
S1601011 - Bomba de calor aire aire

Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016

Summary: 

Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016.
Gallego

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2015/16.

O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.

Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Concederase un premio ao mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI, consistente nunha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do PFPP no curso 2016/17.

Tamén se concederá unha mención especial ao mellor proxecto de formación de entre os premiados, consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.

O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2016.

Para máis información, clica aquí.

Premios PFPP

Undefined

S1501052 Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Summary: 

O día 31 de marzo comezou a actividade de formación MUSEOS E ITINERARIOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS. ENSINAR E APRENDER NOUTROS CONTEXTOS que se está a desenvolver ata o vindeiro 9 de maio en diversos espazos de Compostela.
Gallego

O curso, impartido por varios membros do grupo Iacobus (grupo de investigación en Historia da Arte da Universidade de Santiago) e diversos representantes dos museos de Compostela, ten como obxectivo achegar ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico da cidade. Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da Arte como José Manuel García Iglesias (Catedrático – USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia – USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro – Santiago) Begoña Fernández Rodríguez (Profesora – USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora – USC), así como o docente e investigador en bioloxía Carlos Rodríguez Dacal (IES Antón Fraguas, Santiago). Participan, así mesmo, representantes de varios museos da cidade como Eduardo López Valiña (Conservador Xefe do Museo da Fundación Eugenio Granell), Esperanza Gigirey Liste (Técnica da Área de Difusión e Comunicación do Museo das Peregrinacións e de Santiago), Rori Suárez Barreto (Director do Museo da Terra Santa), Ramón Yzquierdo Peiró (Director técnico do Museo da Catedral de Santiago). A actividade inclúe varias visitas guiadas: ao Museo da Fundación Eugenio Granell, ao Museo de Historia Natural da USC, ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, ao Paraninfo da Universidade de Santiago, ao Museo de Terra Santa e ao Museo da Catedral de Santiago. Realízanse, igualmente, varios itinerarios pola cidade, entre eles San Martiño Pinario, o Casco Vello e a Alameda, a fin de explorar as súas posibilidades didácticas.

S1501052 Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

S1502038 "Ciclo de Vida Adolescente. A Convivencia entre Sexos"

Summary: 

Este curso celebrarase os días 2, 3 e 4 de maio de 16:30 a 19:30 no Centro Quérote+ de Santiago de Compostela.
Gallego

O feito sexual humano implica a construcción que cada persoa realiza sobre a súa sexualidade e as vivencias que isto implica. Neste curso abordaremos diferentes modelos de educación afectivo sexual,  a adquisición de ferramentas a hora de establecer relacións máis equilibradas, a influencia das tecnoloxías da información nos procesos de socialización e relación entre sexos, retos e novas estratexías para o traballo coa mocidade e casos prácticos no ámbito educativo.

Data de comezo: 2 de maio de 2016

Data de finalización: 4 de maio de 2016

Lugar de celebración: Centro Quérote+ de Santiago de Compostela

Número de horas totais: 12 horas

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaActividadeListaxes.do?DIALOG-EVENT-seleccionarActividade=seleccionarActividade&clave=S1502038

Enlace á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=697

a convivencia entre os sexos
ciclo de vida adolescente

G1502011 "Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras"

Summary: 

O 23 de abril desenvolveranse as "G1502011 - Terceiras xornadas galegas de linguas estranxeiras" no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Gallego

O Departamento de Linguas do CAFI en colaboración coa rede de formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as "Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras" dirixidas a o  profesorado de  francés, inglés e portugués da Comunidade de Galicia.

As xornadas desenvólvense periodicamente desde o curso 2010-2011 cun dobre obxectivo, a actualización do profesorado e a achega de recursos e actividades de aplicación práctica na aula. Con este fin, o programa vai dirixido a todo o profesorado que imparta docencia en lingua estranxeira  (fundamentalmente inglés, francés e portugués) e aos profesores que desenvolven o seu labor en centros bilingües e plurilingües baixo a metodoloxía AICLE/CLIL, baseada no ensino de contidos nunha segunda lingua.

Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras
Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras

G1502013 VI Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación

Summary: 

Mércores 20 de abril na EGAP
Gallego

VI Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación nas que se abordarán os protocolos recentemente publicados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao abeiro da estratexia educonvives.gal.

Participarán ademáis entidades sen ánimo de lucro que manteñen protocolos de colaboración coa citada Consellería. E por último,. pero non por iso menos importante, unha conferencia sobre o uso responsable das novas tecnoloxías no eido educativo.

G1502013 VI Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación
G1502013 VI Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación

IV Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria: Facendo escola, compartindo traballo e ilusión

Summary: 

Celebraranse o sábado 30 de abril no auditorio Abanca na rúa Preguntoiro, 23 de Santiago de Compostela.