Skip to Content

Saídas 2009-10

Saídas 2009-2010

CONCERTO: OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Portada da Guía Didáctica 
O venres 12 de marzo de 2010, os alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo de Educación Primaria acudimos ó Auditorio do Centro Cultural Caixanova para participar no concerto para escolares titulado Os instrumentos da orquestra.
Como xa nos teñen acostumado, cada día estes músicos esméranse máis por facer que aprendamos dun xeito lúdico e divertido.
Con moita claridade, explicáronos as diversas familias orquestrais, as relacións de altura que existen entre os membros de cada unha delas, os tipos de embocadura, o xeito de afinar unha orquestra... Un pequeno compendio de boa (e divertida) música en tan só 60 minutos. O que se pode aprender nunha hora!
Ademais, cinco dos nosos alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de participar directamente nas actividades propostas. 
Aquí vos deixamos con algunhas fotos.  

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CENTRAL

Sesión de contacontos na Biblioteca Central 
Os alumnos e alumnas de 2º curso de Primaria visitaron a Biblioteca Central o día   de xaneiro de 2010.
Tras visitar as instalacións, disfrutaron dunha magnífica sesión de contacontos. Que si disfrutaron? Só tendes que mirar as súas caras! 

DE PASEO EN BARCO DE VAPOR

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria cas súas titoras: Marisa, Celsa, Julia e Luz máis a teacher Montse,  foron o venres 11 de decembro a dar un paseo en barco de vapor pola Ría de Vigo.

 Foi unha viaxe moi interesante, onde aprendemos moito vocabulario marítimo e tivemos unha visión moi diferente da nosa cidade: dende o mar.

A continuación podes ver algunhas imáxes desta saída tan especial.

O TERCEIRO CICLO, NA ÓPERA

Os alumnos no Teatro Salesianos
O martes 24 de novembro de 2009, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria, acompañados polas súas titoras, acudiron á ópera no Teatro Salesianos.
O espectáculo estaba encadrado nos Programas de Formación de Públicos do Festival Are More deste ano. A ópera que nos presentaron foi "A frauta máxica", de Wolfgang Amadeus Mozart.
Alumnado e profesorado disfrutou moito dunha ópera que xa tiñamos traballado previamente nas aulas. 

O SEGUNDO CICLO EN NATURNOVA

O xoves 5 de novembro, os nenos e nenas do segundo ciclo fomos a Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental. Entre moitas actividades que alí fixemos, a máis sorprendente, foi subir nun submarino e dar un paseo polo fondo da ría de Vigo. Debemos dicir que era un viaxe simulado pero aínda así o pasamos moi ben.

logo naturnova

 

 

 

 

 

 

Deixamos unhas fotos para que podades ver todo o que fixemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut