Skip to Content

CONCERTO: OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Portada da Guía Didáctica 
O venres 12 de marzo de 2010, os alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo de Educación Primaria acudimos ó Auditorio do Centro Cultural Caixanova para participar no concerto para escolares titulado Os instrumentos da orquestra.
Como xa nos teñen acostumado, cada día estes músicos esméranse máis por facer que aprendamos dun xeito lúdico e divertido.
Con moita claridade, explicáronos as diversas familias orquestrais, as relacións de altura que existen entre os membros de cada unha delas, os tipos de embocadura, o xeito de afinar unha orquestra... Un pequeno compendio de boa (e divertida) música en tan só 60 minutos. O que se pode aprender nunha hora!
Ademais, cinco dos nosos alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de participar directamente nas actividades propostas. 
Aquí vos deixamos con algunhas fotos.  



page | by Dr. Radut