A derradeira semana do mes de Abril, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º, acudimos acompañados dos nosos mestres "O VERBUM" a "Contos para falar". A nosa sorpresa foi moi grande, cando alí atopamos a un vello amigo, Benxamín, ó que todos coñecemos.
Sorprendéronnos cun espectáculo de música, contos e efectos especiais, onde nos formábamos parte du conto. Para rematar fixéronnos dous agasallos: un libro e un CD.
As viaxes de Patricia, que así se chama o conto, resultaron realmente fantásticas.
Ata a próxima, e para que a espera non se faga moi longa deixámosvos cuns dos momentos máis interesantes...