Skip to Content

O TERCEIRO CICLO, NA ÓPERA

Os alumnos no Teatro Salesianos
O martes 24 de novembro de 2009, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria, acompañados polas súas titoras, acudiron á ópera no Teatro Salesianos.
O espectáculo estaba encadrado nos Programas de Formación de Públicos do Festival Are More deste ano. A ópera que nos presentaron foi "A frauta máxica", de Wolfgang Amadeus Mozart.
Alumnado e profesorado disfrutou moito dunha ópera que xa tiñamos traballado previamente nas aulas. 


page | by Dr. Radut