Skip to Content

NOTICIAS BIBLIOTECA

SEMANA DA CULTURA ÁRABE EN VIGO

Escritura árabe 
 
Do 10 ó 15 de maio poderemos disfrutar na nosa cidade da Primeira Semana da Cultura Árabe.
 
Será unha semana de grande intensidade, e moi variada: proxeccións cinematográficas, conferencias, música, actividades para nenos, gastronomía... e todo de balde!
 
Consultade o programa e achegarvos a estas actividades! É unha ocasión de coñecer mellor a cultura árave. 

O XOVES, VIDEOFORUM PARA PAIS E NAIS

Carátula da película
 
 
Continuando co noso Proxecto Documental Integrado, o vindeiro xoves 25 de marzo temos actividades para os adultos: unha sesión de videoforum para pais, nais e mestres.
 


Acompañaranos nesta ocasión toda unha experta na materia: Carmen Pereira Domínguez, profesora da Universidade de Vigo, a quen temos a honra e o pracer de coñecer, porque é quen de pór en práctica esa frase que ten elixido como lema da súa páxina persoal: Vivir con modestia, pensar con grandeza.

A partir do visionado da película Kirikú y la bruja (unha xoia do cine de animación) Carmen nos axudará a desentrañar todos os valores relacionados coa Interculturalidade.


Animámosvos a todos os adultos da nosa Comunidade Educativa (pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras...) para que participedes nesta actividade. É un bo xeito de coñecernos mellor a nós mesmos e ós demais membros da Comunidade Educativa, e de traballar sobre os valores que tanto necesitan o mundo e o noso alumnado. 
 
 
 
Carmen Pereira Domínguez 
 
 
Vémonos o xoves con Carmen, ás 16:30 horas!   

CONCERTO - PRESENTACIÓN

 
Cartaz da presentación 
 


O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra convídavos ao concerto A nena e o grilo co que se pecharán máis dun mes de actividades do Salón na edición de 2010.


Este espectáculo está baseado no libro-CD de OQO editora A nena e o grilo, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil da man de OQO editora e da súa colección musical Q son. Producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron músicos coma Guadi GalegoUgia PedreiraFred Martins ou Tarci Dávila

O directo deste traballo será presentado o domingo 14 de marzo ás 12,00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por UxíaGuadi GalegoXoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración). 

Durante o concerto poderemos gozar cunhas cancións que, en palabras de Magín Blanco, “non parten de ningún estilo en concreto” e que son “unha amálgama” das músicas que todos os colaboradores do libro-CD A nena e o grilo levan escoitado ao longo das súas vidas. Porén, resultan claramente recoñecibles ecos de rumbabossa novareggae ou folk

En definitiva, estamos ante un espectáculo con vocación universal que parte dunha lingua rica en palabras e xiros ao servizo dos mundos imaxinarios dos protagonistas destas trece cancións de conto. En todas elas repártense aloumiños a eito e amósase un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.

 

FIN DE SEMANA SOLIDARIO

Esta fin de semana temos, alomenos, tres oportunidades na nosa cidade e bisbarra para profundizar máis no noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Un cole, un libro: o mundo! 
 
 


Fotografía da exposición  

 

 

LATITUD 20º N - LONGITUD 31º W

   

Fotografía da Exposición

 

 

A CIDADE DO INFINITO. VIAXE Á FUNDACIÓN VICENTE FERRER.

   

Portada da Exposición sobre Africa

 

A OUTRA CARA DE ÁFRICA

 

    

PAPI E MAMI...! A LER!

 
Lúa do Senegal 
 
O noso Plan Anual de Lectura non só está pensado para os rapaces, senon tamén para as familias. Agora tócavos a vós, papás e mamás, achegarvos ás culturas alleas á nosa.
  


A nosa proposta ten varias fases relacionadas entre sí. O primeiro paso será a lectura.

Grazas á colaboración doutros centros integrados no PLAMBE, temos posto á vosa disposición sete exemplares de Lúa do Senegal, unha das últimas obras de Agustín Fernández Paz. Podedes atopalos nos locais da A.N.P.A.

Apresurarvos a solicitar o voso exemplar en préstamo!
 
E estade atentos ás novas! Estade seguros de que as haberá! 
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut