Skip to Content

NOTICIAS BIBLIOTECA

VIGO, CAMIÑO A CAMIÑO

Muiño no Galiñeiro

Que vives en Vigo e non coñeces a túa cidade?
O Concello ofrécenos unha programación para coñecer a nosa cidade mentras facemos actividades de sendeirismo. Unha actividade na que pode participar toda a familia e da que, sen dúbida, aprenderemos moito.
Consulta aquí a programación para este curso. 

VERBUM: ACTIVIDADES PARA NENOS DURANTE O MES DE OUTUBRO

 

Verbum: Museo das Palabras 
Durante o mes de outubro, o VERBUM organiza actividades para nenos e nenas.
A cita será os domingos pola mañán.
Para consultar a programación, preme aquí. 

 

APRENDE DANZA TRADICIONAL CON CHISCO

Muiñeira

Sempre quixeches aprender a bailar danzas tradicionais e nunca tiveches tempo nin ocasión...?
Quizás teña chegado o momento. Chisco, mestre de Canto e Danza Tradicionais na e-Trad de Vigo, imparte un curso todos os sábados. Unha boa ocasión de coñecer xente e contribuír ó mantemento da nosa cultura. 
Para máis información, preme aquí. 

LENDO EN FAMILIA

Familia lendo

Concha Costas, do I.E.S. de Gondomar, achéganos información sobre esta actividade de lectura familiar.
Unha alternativa diferente para pasar unha estupenda fin de semana en familia, con charlas, actividades e fantásticas sesións de contacontos.
Consulta o programa 

PARTICIPA COS TEUS COMENTARIOS NO NOSO BLOG!

Cabeceira do blog da Biblioteca 

 

Ademais da sección que ten reservada na páxina web do Colexio, a Biblioteca Escolar do noso cole conta, dende o curso pasado, co seu propio blog.

Queremos que o noso blog sexa a canle para que fagades os vosos comentarios e suxestións. Lembrade que un blog se alimenta das vosas intervencións. Xuntos, pouco a pouco, irémolo enchendo.

Participade!

 

http://olardefriancinho.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut