Skip to Content

NOTICIAS BIBLIOTECA

O VENRES 12 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO

O MUNDO É GRANDE...EN FRIAN!!! 

BOTA UNHA OLLADA!!! QUERES VER FOTOS?


DORA, A FILLA DO SOL

Dora, la hija del Sol 
 
 
Empezamos o mes de febreiro cunha actividade festiva: a obra de teatro coa que os pais e as nais da A.N.P.A. nos teñen agasallado ó alumnado e ó profesorado do Colexio.
 
 
Enlazando co noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un cole, un libro: o mundo!), teñen feito unha adaptación de Dora, la hija del Sol, escrita por Carmen Villalta. Nesta obra, Dora, unha nena mulata, consigue vencer todas as dificultades que algúns compañeiros da clase poñen no seu camiño por ter unha pel de distinta cor. 
 
Aquí tendes as imaxes da representación: 
 
 
  

E... POR QUE NON REGALAR EN GALEGO...?

  Carátula do catálogo
 
 
Nadal, tempo de agasallos.
 
Tendes xa todo preparado?
 
E... por que non agasallar en galego?
 
 
Presentámosvos este estupendo Catálogo elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do  C.E.I.P. Vicente Otero Valcárcel, de Carral. 
 
Soñemos, falemos e agasallemos en galego! 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Arbore de Nadal de libros
 
 
Estas son as recomendacións de lectura para este Nadal 2009. A meirande parte dos libros están escollidos en función do noso Proxecto Documental Integrado, Un cole, un libro, o mundo!
 
Feliz Nadal cheo de boas lecturas! 
 
 
 
 
 

MÁIS ACTIVIDADES DE NADAL

Arbore de Nadal 
Achegámosvos as actividades programadas pola Concellería de Normalización Lingüística para desenvolver durante o Nadal.
 
 
 
 
 
 
 
 
Movevigo Nadal (actividades da Federaciòn de Veciños Eduardo Chao) 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut