Skip to Content

CONCERTO - PRESENTACIÓN

 
Cartaz da presentación 
 


O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra convídavos ao concerto A nena e o grilo co que se pecharán máis dun mes de actividades do Salón na edición de 2010.


Este espectáculo está baseado no libro-CD de OQO editora A nena e o grilo, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil da man de OQO editora e da súa colección musical Q son. Producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron músicos coma Guadi GalegoUgia PedreiraFred Martins ou Tarci Dávila

O directo deste traballo será presentado o domingo 14 de marzo ás 12,00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por UxíaGuadi GalegoXoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración). 

Durante o concerto poderemos gozar cunhas cancións que, en palabras de Magín Blanco, “non parten de ningún estilo en concreto” e que son “unha amálgama” das músicas que todos os colaboradores do libro-CD A nena e o grilo levan escoitado ao longo das súas vidas. Porén, resultan claramente recoñecibles ecos de rumbabossa novareggae ou folk

En definitiva, estamos ante un espectáculo con vocación universal que parte dunha lingua rica en palabras e xiros ao servizo dos mundos imaxinarios dos protagonistas destas trece cancións de conto. En todas elas repártense aloumiños a eito e amósase un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.

 



page | by Dr. Radut