1ºBAC
O pasado martes, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato de letras asistiron aos obradoiros de cultura clásica celebrados na facultade de filoloxía de Santiago de Compostela entre os que estaban o de música, cociña, moda e un intinerario mitolóxico. Os resultados foron gratificantes. Velaí podedes ver unha pequena mostra de cada un deles.
Para ver algunhas fotos da Visita ao Barbanza realizada o Venres 29 de Abril, clica na seguinte imaxe:
Para ver algunas fotos dos IV Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva celebrados no IES Fraga do Eume (Pontedeume), clicar na seguinte imaxe:
Hoxe e mañá representantes do alumnado do Servizo de Mediadores do Centro, a coordinadora do Servizo, Kety Lois Salgado, a orientadora, Begoña Cortés Férro e o director Adelino José Pose Reino participaran nestes IV Encontros. Esperamos que teña moito éxito.
ACTIVIDADE totalmente organizada desde os Centros desde que se iniciaron, e no que participan profesorado, alumnado, pais e nais de máis de 25 Centros de toda Galicia.
IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME)
No LUNS, 25 DE ABRIL, o alumnado de LINGUA PORTUGUESA, (1º BACH.) fará un programa en RADIO NEGREIRA, dedicado a lembrar a data do 25 DE ABRIL EN PORTUGAL (REVOLUÇAO DOS CRAVOS,, REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS)
Coordinación da profesora Nuria Araúxo. Emisión a partir das 13 h.
Organiza: Dpto. Lingua Galega.
Para ver o cartel, clica aqui.