1ºBAC
Para ver as fotos da Conferencia de VICTORIA OTERO ESPINAR, Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela: "Hai algún matemático ou matemática na sala?", e da Presentación do Premio Científico Victoria Otero Espinar, clicar na seguinte imaxe:
Onte martes día 11 de outubro, presentouse no IES Xulian Magariños a VII edición do premio de investigación, convocado polo IES Xulián Magariños coa colaboración do Concello de Negreira. Este ano homenaxease a persoa e labor de Dna. Victoria Otero Espinar, decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O premio está dirixido a estudantes de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos formativos medios e superiores do IES Xulián Magariños. Podedes consultar as bases pinchando nas imaxes seguintes.
O IES Xulián Magariños, en colaboración co Concello de Negreira, organizará nos próximos días unha serie de actos para celebrar o inicio de curso e presentar a nova edicción do Premio Científico, que este ano leva o nome de Dna. Victoria Otero Espinar, decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O martes 11 de outubro pola tarde terá lugar a presentación do premio científico e a conferencia de Dna. Victoria Otero Espinar.
O venres 14 de outubro, as 13:30 horas poderemos disfrutar dunha actuación musical a cargo da compositora, directora e pianista estonia Anne Tooming.
Podedes consultar toda a información nos arquivos adxuntos.
O vindeiro martes, nas dúas horas da tarde, o departamento de informática organiza unha charla sobre Información Xeográfica Libre e Openstreet Map.
Acudirá o alumnado de ASIR e 2º BAC ao completo, e o de 4º e 1º de BAC só os de TICs.
Prégase aos profesores que tiñan clase cos grupos completos que os acompañen no salón de actos durante a actividade.
Información sobre as becas para estudos non universitarios concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para alumnado que se matricule en 1º e 2º curso de bacharelato e en formación Profesional de grao medio e superior.
O prazo de solicitude remata o 3 de outubro.