1ºBAC
Hoxe desenvolveuse unha actividade sobre a historia da alimentación en Galicia, para o alumnado de historia contemporánea, coordinado polo doutorando da USC Pablo Brocos e polo profesor da materia Amancio Liñares. Fíxose unha análise de varios textos sobre esta temática, que logo se poñerán en común.
Moi bos resultados dos nosos equipos nas semifinais celebradas en Pontevedra. Os dous equipos do noso centro quedaron 1º e 3º. No medio quedou un equipo do IES Luis Seoane. Parabéns e sorte na final!
Os equipos de debate do noso instituto, coordinados polas profesoras Ana Barrientos e María Blanco, inician a competición.
O agradecemento a Cheche Carballo Villar por colaborar na preparación e a o Concello de Negreira polo apoio para poder participar.
No hall do 1º andar pódese ver a cúpula xeodésica que construiu o alumnado de 2º ESO Agr, con axuda do alumnado de 1º de Bach. da materia de "Modelado e impresión 3D" que aportaron os conectores pentagonais. Unha serie de paneis informativos axudan a entender as vantaxes, usos e forma de construcción destas interesantes estruturas.
Alumnado de bacharelato realizará unha viaxe de estudos a Grecia acompañado da profesora Margarita Gil entre os días 26 de febreiro e 5 de marzo.
Boa viaxe! kalo taxidi!
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación da solicitude de inscrición estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación da solicitude de inscrición estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017.
As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
REFERENCIA NORMATIVA
O luns 13, martes 14 e mércores 15 deste mes varios grupos de ESO e Bacharelato poderán asistir a unha serie de concertos didácticos.