Qué bos consellos nos deixa o alumnado de 1°ESO. Traballando a alimentación na materia de Promoción de estilos de vida saudable da man do profesor Xoán Carlos Gantes. Intentaremos seguir as pautas que nos deixades!
Os nosos parabéns a Alba, alumna de bacharelato no noso instituto. Campeona galega de marcha. Desexámoste moitos éxitos tanto académicos como deportivos.
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.
Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.
O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.
Rematado o prazo de presentación de traballos inauguramos a exposición na cafetería. Mañá farase público o fallo do xurado.
Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.
Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.
Estimados/as pais/nais/titores do alumnado do IES Xulián Magariños:
Como xa informamos anteriormente, este curso o instituto ten previsto mellorar a comunicación coas familias continuando coa difusión do uso da aplicación gratuíta da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Esta aplicación vos vai ofrecer vantaxes como:
• Consultar as cualificacións dos vosos fillos e fillas
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Todas aquelas familias interesadas podedes asistir a unha reunión informativa que se celebrará no salón de actos do instituto o vindeiro martes día 8 de outubro ás 19 horas. É recomendable (aínda que non imprescindible) que, antes de asistir, descarguedes no voso terminal móbil a aplicación desde Apple Store ou desde Play Store.
VER COMUNICADO OFICIAL DO CENTRO
________________________________________________
Lembramos que a partir deste curso 2019-2020 as canles preferentes de comunicación coa comunidade educativa serán a aplicación oficial da Consellería de Educación “Abalar Móbil” e a páxina web do centro, co obxectivo é axilizar o envío de avisos e evitar o despilfarro de papel.
RECOMENDAMOS encarecidamente que os pais, nais e titores legais do alumnado instalen dita aplicación e a usen. Está dispoñible para telefonos Android e Iphone. Tamén é moi importante que consulten regularmente a web do centro.
Para o bo funcionamento da aplicación debemos ter nas nosas bases de datos o nº de telefono móbil dos responsables actualizado.
Ligazón á información sobre a aplicación Abalar Móbil na Consellería de Educación
Verde ou negro? Como vedes o futuro do noso planeta?
Hoxe o alumnado escolleu cor e todos xuntos asistimos á lectura dun manifesto a prol da loita contra o cambio climático e o despilfarro enerxético.
Hai esperanza, pero todos temos que actuar xa e esixir dos nosos gobernantes un compromiso real para a reducción de gases de efecto invernadoiro.
O alumnado elaborou un precioso mural ...con solucións reais que entre todos podemos adoptar...
-Reduce o teu consumo de bens innecesarios
-Usa o transporte público
-Recicla
-Repara as cousas, non as tires
-Usa os folios polas dúas caras
-Dúchate en vez de te bañar...
de seguro que a vos se vos ocorren moitas máis. Compartídeas con nós.
O martes 17 terá lugar a presentación para o alumnado de 1º ESO coa asistencia dos pais e nais. O mércores 18 haberá transporte escolar no horario habitual. A primeira hora será a presentación dos grupos co seu titor/a e a partir de segunda hora comezarán as actividades lectivas ordinarias.
O Concello da Baña pon a disposición dos adolescentes que vaian cursar Bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2019-2020 un servizo de transporte para facilitarlles os desprazamento ata os centros escolares.
As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán poñerse en contacto canto antes coa concellaría de Cultura para comunicar os datos pertinentes e facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas.
O alumnado e as familias deberán formalizar a matrícula ( entre as 9:00 e as 13:30 horas) para o vindeiro curso segundo o seguinte calendario:
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA EN SETEMBRO
Alumnado que vaia cursar
1º ESO : luns 9 de setembro
2º ESO : luns 9 de setembro
3º ESO : luns 9 de setembro
4º ESO : venres 6 de setembro
1º BAC : venres 6 de setembro
2º BAC : venres 6 de setembro
FP BÁSICA : Solicitude de admisión dende o 2 de setembro ata as 13:00 do 12 de setembro. Publicación lista de admitidos 13 de setembro. Formalización de matricula do 13 ao 20 de setembro.
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA ALUMNADO QUE APROBOU TODO EN XUÑO
Alumnado que vaia cursar
1º ESO : Apelido da A á L : 27 de xuño
1º ESO : Apelido da M á Z : 28 de xuño
2º ESO : 1 de xullo
3º ESO : 3 de xullo
4º ESO : 5 de xullo
1º BAC : 10 de xullo
2º BAC : 8 de xullo
Achegamos os impresos de matrícula para o vindeiro curso.