LIBROS DE TEXTO: Listaxe provisional de solicitudes admitidas. Non hai ningunha solicitude excluída.
VALES DE MATERIAL ESCOLAR: Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas
Os vales para adquisición de material escolar poderán ser recollidos polas persoas solicitantes na secretaría do centro a partir do día 23 de xullo.
O prazo de reclamacións será de 2 días a partir da publicación destas listaxes provisionais.
O alumnado que levase libros do fondo para preparar os exames de materias pendentes de setembro deberá devolvelos entre o 2 e 4 de setembro.
O alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro do vindeiro curso deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2019 para intentar que os libros asignados do fondo sexan distintos dos que xa se teñen. (non o podemos garantir).
CONSULTAR DATA E HORA DOS EXAMES
IMPORTANTE
As probas realizaranse os días 2 (luns), 3 (martes) e 4 (mércores) de setembro.
Non haberá servizo de autobuses: o alumnado de ESO abandonará o centro ao rematar o exame.
As cualificacións estarán expostas ao público nos paneis de Secretaría do instituto e entregaranse o venres 6 ás 12:00 horas.
O prazo de presentación de reclamacións serán os días 6 (venres), 9 (luns), e 10 (martes).
A resolución de reclamacións será o día 11 (mércores).
FONDO LIBROS. DEVOLUCIÓN LIBROS E SOLICITUDE DE PRÉSTAMO
O alumnado que teña libros prestados do fondo solidario deberá entregalos entre os días 2 e 4 de setembro .
O alumnado que repita 4º ESO poderá solicitar o fondo solidario de libros de texto e material escolar cando efectúe a matrícula
Últimos días para presentar a solicitude de admisión a ciclos!
A oferta de ciclos formativos do IES Xulián Magariños queda como segue.
- Formación Profesional Básica: Familia profesional de Comercio e Marketing: "Servizos comerciais"
- Ciclos medios de FP: Familia profesional de Informática e Comunicacións: "Sistemas microinformáticos e redes" (20 prazas)
- Ciclos superiores de FP: Familia profesional de Informática e Comunicacións: " Administración de sistemas informáticos en rede"
As datas para presentar a solicitudes de admisión serán do 24 de xuño ao 2 de Xullo.
CURRÍCULOS OFICIAIS
Circular con información para solicitude de transporte escolar no curso 19-20 e de ser o caso solicitude de novas paradas de autobús.
Con motivo do día do Medio Ambiente o alumnado de 1º de ESO participou nunha recollida colectiva de residuos plásticos. En menos dunha hora se recolleron 7 sacos grandes de restos de plásticos!
Ademáis inauguramos unha nova zona axardinada no recinto do centro que servirá como patio-xardín e prantamos varios árbores frutais que nos proporcionarán froita fresca e sombra.
Unha boa noticia para o noso alumnado: atendendo ás peticións da comunidade educativa a Consellería reconsiderou a súa decisión e finalmente teremos novo/a conserxe a partir de hoxe. As actividades de PROA e reforzo das competencias clave retomaranse a partir de mañá, mércores, no seu horario habitual.
Lamentamos informar que a partir da vindeira semana nos vemos obrigados a suspender as actividades de PROA e de reforzo das competencias clave en 3º e 4º de ESO que se celebraban no IES polas tardes, dado que a Consellería non vai mandar substituta/o para a conserxe que temos de baixa. A EOI tentará seguir desenvolvendo o seu traballo nestas difíciles condicións, sendo os seus profesores os encargados de abrir e pechar o centro durante o seu horario.
O talento do noso alumnado non deixa de darnos alegrías. A alumna de 4º ESO , Iria Sánchez del Río foi premiada co 2º premio de narrativa no Certame Literario Concello de Ames, co relato titulado "O vestido vermello". Foron 176 traballos presentados así que moitos parabéns para Iria. O certame literario Concello de Negreira otorgou o 1º premio á alumna Lara López Suárez, que se presentou co conto "Atada por amor" , una fermosa historia que nos leva á época de Almanzor no ano 968 e na que se narra a historia de Subh, una concubina valente exemplo de superación e optimismo. O 3º premio foi outorgado a Andrea Losada, alumna tamén de 4º de ESO polo conto "As costureiras de Mondoñedo".
O alumnado do noso centro fixo pleno no certame de pintura do Concello de Negreira. Os tres premios da categoría 13-18 anos foron a parar a Paola Enjo, María Lista e Julián Rey, alumnos de 1º BAC, 1º ESO e 3º ESO respectivamente. Noraboa e que sigades a perfeccionar a vosa formación artística.
Moitos parabéns a este alumnado que demostra como traballando duro se consiguen os triunfos.
Aquí podedes ler un ameno artigo das alumnas Noelia Liñares Mayo e Milena Silva Antelo de 2º de bacharelato, titorizadas polo profesor Ignacio Romero, onde comparan a vida cotiá actual coa dos seus avós. Cómo cambian os tempos!!