Skip to Content

Blogue de admin

Expedición do título de Bacharelato e matrícula ABAU

O proceso de expedición do título de Bacharelato e a matrícula nas ABAU 2021 debe facerse en dous pasos:

  1. Solicitar o título de Bacharelato.
  2. Matricularse na ABAU.

PASO 1: EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

  • Instrucións sobre a documentación que se debe presentar, taxas e códigos para a expedición do Título de Bacharelato 2021.
  • Modelo de taxas.

PASO 2: MATRÍCULA NAS ABAU

  • Nesta ligazón tedes acceso a toda a información sobre o procedemento para a reclamación das cualificacións en 2º BACH.

 

  • Vídeo con instrucións sobre as ABAU 2021 (CiUG).
  • Calendario: as probas terán lugar entre o martes 8 e o xoves 10 de xuño en concreto, na Facultade de Ciencias Xuridicas e do Traballo do Campus das Lagoas da UVigo (mapa) para o alumnado do IES de Soutomaior. Este é o calendario de exames:

Entre os ríos Verdugo e Oitavén

O mal tempo obrigou a adiar as saídas de 1º ESO A e C e do alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, mais os rapaces e rapazas de 1º ESO B e D si que puideron gozar do roteiro polos ríos Verdugo e Oitavén que tivo lugar o pasado martes 4 de maio.

Esta andaina enmárcase no programa "Efecto dominó. Entre ríos", unha iniciativa das Concellarías de Educación e Medio Ambiente acollida polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro e que xa no mes de marzo contemplou unha primeira fase formativa con charlas que tiñan como finalidade activar coñecementos xerais do alumnado.

Neste roteiro, o alumnado de 1º ESO coñeceu os valores ambientais dos espazos naturais que constitúen as ribeiras do Verdugo e do Oitavén, os ríos que atravesan e dan vida ao noso concello, da man das monitoras Carla e Nerea.

Máis imaxes da xornada neste álbum de fotos

O roteiro partiu da Ponte da Comboa e da Presa do inferno e rematou na praia fluvial da ponte colgante, na que o alumnado gozou do merecido xantar e da convivencia a carón das augas do Verdugo. Durante o roteiro fixeron diferentes actividades, como unha de orientación por parellas, na que aprenderon a ubicar as pontes, a confluencia dos ríos, etc. no mapa. Tamén fixeron unha actividade de identificación de fauna e flora, especies invasoras incluídas, tarefa que realmente os ocupou durante toda a andaina estimulados polos retos e xogos propostas polas monitoras.

Ao participaren no proxecto, os rapaces e as rapazas recuperan boas prácticas ambientais, poñen en valor os recursos medio ambientais e convértense en axentes sensibilizadores para achegar estes valores ao maior número de persoas. 

Encontro de Fernando Llor e Miguel Porto, autores da BD "Subnormal", cos lectores e lectoras

Esta mañá tivemos a sorte de partillar conversas e reflexións con Fernando Llor e Miguel Porto, guionista e ilustrador da banda deseñada sobre acoso escolar Subnormal, que leron os rapaces e as rapazas dos clubes de lectura Narrando con Imaxes e Aquí lemos tod@s. 

O alumnado coñeceu polo miúdo o proceso creativo do cómic, coñeceron máis de perto a historia, dura e real, do acoso escolar padecida por Iñaki Tellería na súa mocidade e participaron activamente coas súas reflexións e preguntas neste encontro cos autores da obra, a quen agradecemos que o fixeran posible.

Máis información no blogue da biblioteca.

Achegamento á actividade empresarial: Naturgy

O alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou esta mañá nunha visita (virtual) á empresa Naturgy no marco do Programa EduTecEmprende, da Consellería de Educación, que ten como finalidade motivar e sensibilizar o alumnado de diferentes niveis educativos no espírito emprendedor a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da súa contorna, así como promover a súa achega ás áreas STEM.

Ampliación do Programa Edixgal a 3ª ESO no Curso 2021-2022

A Consellería de Educación publica hoxe a resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal), de implantación do libro dixital nos centros escolares, durante o curso 2021/22. 

No caso do IES de Soutomaior, o alumnado de 3º ESO tamén participará neste programa no que actualmente xa están implicados 1º e 2º ESO.

Encontro con Miguel Porto e Fernando Llor, autores de "Subnormal"

As rapazas e os rapaces do Clube de Lectura Narrando con Imaxes manterán mañá un encontro cos autores do cómic "Subnormal", unha obra que os impactou e mesmo motivou esta intervención nos corredores do noso centro.

Denuncian as paredes...

"Se te sorprende ler estas palabras na parede do instituto, 
por que non actúas cando as escoitas na túa aula?"

Os rapaces e as rapazas do clube de lectura "Narrando con imaxes" fixeron esta mañá unha intervención nun espazo común do instituto para convocarnos ao resto da comunidade educativa á reflexión que encabeza esta entrada, reflexión motivada pola lectura e a posta en común da obra Subnormal, de Miguel Porto e Fernando Llor.  

Máis finormación e imaxes no blogue da biblioteca.

Programas socioeducativos non formais 2020-2021

Tralo regreso das vacacións, deuse continuidade ás diferentes accións do Programa Ti Decides!, que se organiza dende a Concellaría de Xuventude e a OMIX de Soutomaior en colaboración co Departamento de Orientación do IES: "Ciberseguridade e cidadanía dixital" para 1º ESO coas monitoras de KidCode, e de "Sexualidade" e de "Prevención de Condutas de Risco" con Amaina en 2º ESO.
O alumnado de 4º ESO tamén completou a liña formativa "Sintoniza coa túa melodía profesional", que procura descubrir, a través dunha experiencia de xogo, as habilidades e todas as oportunidades que se poden atopar no actual mundo laboral.

Recollida de Diplomas da ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut