Skip to Content

4º ESO

Bolsas e axudas a alumnos/as de niveis post-obrigatorios

Aberto o prazo de solicitude das bolsas e axudas para o alumnado que curse ensinanzas de niveis post-obrigatorios no curso 2024-2025

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 h e remata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 h.

Tramitación

A tramitación realízase mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e a autenticación pode facerse de dúas maneiras:

  • Mediante usuario (DNI o NIE) e contrasinal establecida polo/a usuario/a no momento de rexistrarse. A identidade é comprobada mediante cruce de datos co Ministerio del Interior.
  • Mediante certificado electrónico, integrado na plataforma Cl@ve. Si se utiliza esta forma de autenticación, todas as consultas que se realicen sobre o estado da tramitación deberán facerse do mesmo xeito.

Convocatoria

Máis información

As consultas sobre o procedemento poden realizarse por calquera dos medios que se encontran na páxina de Información administrativa.

INFORMACIÓN MINISTERIO

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html#dc1

Encontros virtuais virtuais da Universidade de Santiago de Compostela

Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).

Acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa as etapas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 15 de marzo de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de abril. Terá unha duración de 20 minutos e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de maio. Terá unha duración de 90 minutos e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Normativa completa premendo AQUÍ

Máis información premendo AQUÍ

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Xornada de portas abertas 2024 - Proceso de admisión

Un ano máis, o IES Santa Irene organiza unha xornada de portas abertas para as famillias do alumnado interesado no proceso de admisión externa 2024-2025.

Data, hora e lugar: 27 de febreiro de 2024 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Información xeral do proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición.

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Listaxe definitiva de alumnado prosposto - Probas de nivel lingüístico

 

Publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico (Inglés e francés) e as taxas de exame. O período de de pago das taxas de exame comezará o o venres, día 02 de febreiro de 2024, e rematará o xoves, día 29 de febreiro de 2024, ambos inclusive.

  • O pago das taxas de exame realizarase na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h, entregando a cantidade indicada nun sobre onde figure o nome e apelidos do/a alumno/a e o DNI.
  • De non consolidar o pago das taxas de exame no plazo establecido entenderase que o/a alumno/a renuncia á realización das probas e, de ser o caso, á bolsa adxudicada.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Listaxe provisional de alumnado prosposto - Probas de nivel lingüístico

Publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico (Inglés e francés) e as taxas de exame. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

"A mellor forma de predicir o futuro é crealo" Peter Drucker

Consulta o blog de orientación para enterarte de todo o relacionado cas diferentes vías de estudo premendo  sobre as seguintes cores:

 Listaxes descargables:

 

  • Área de coñecemento: ARTES E HUMANIDADES

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento:ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

UVIGO           USC            UDC

 

Tamén podes utilizar diferentes ferramentas (axuda1, axuda2, axuda3, axuda4) que che axudarán a decidir que é o que mellor se adapta a ti.

Ligazón ao blog Elorienta específico para o IES Santa Irene e ao aplicativo interactivo con cuestionario vocacional incluido.

Dúbidas xerais sobre ABAU e o ACCESO a universidade. Aclaracións de interese sobre o proceso. Notas de corte da ABAU 2023. Táboa de ponderacións 24-25.

* As cualificacións da parte voluntaria soamente serven para ese mesmo ano e o seguinte e as da parte obrigatoria para sempre.

Distribuir contido


by Dr. Radut