Bolsas e axudas a alumnos/as de niveis post-obrigatorios
Aberto o prazo de solicitude das bolsas e axudas para o alumnado que curse ensinanzas de niveis post-obrigatorios no curso 2024-2025
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 h e remata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 h.
Tramitación
A tramitación realízase mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e a autenticación pode facerse de dúas maneiras:
- Mediante usuario (DNI o NIE) e contrasinal establecida polo/a usuario/a no momento de rexistrarse. A identidade é comprobada mediante cruce de datos co Ministerio del Interior.
- Mediante certificado electrónico, integrado na plataforma Cl@ve. Si se utiliza esta forma de autenticación, todas as consultas que se realicen sobre o estado da tramitación deberán facerse do mesmo xeito.
Convocatoria
Máis información
As consultas sobre o procedemento poden realizarse por calquera dos medios que se encontran na páxina de Información administrativa.
INFORMACIÓN MINISTERIO