Xeografía e Historia

RADIO AMES ENTREVISTA O ALUMNADO DE XEOGRAFÍA DE 2º BACHARELATO SOBRE O DEBATE ELECTORAL

O debate electoral do 15 de decembro no IES do Milladoiro

2º de Bacharelato B

18.12.2015

Estes últimos días dedicamos as clases ás próximas eleccións do 20 de decembro, día no que despois de 4 anos os cidadáns maiores de 18 votaremos para elixir o presidente do Goberno. Dito cargo está representado por diferentes partidos políticos. Algúns deles, este pasado martes 15 de decembro, estiveron no noso instituto (IES do Milladoiro)  para facernos chegar aos máis novos todas as súas propostas. Os representantes foron dos partidos políticos de En Marea, Nós Candidatura Galega, Partido Popular e Partido Socialista.

 

DEBATE ELECTORAL COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º BACHARELATO

Dado o interese que un acontecemento como as eleccións xerais do 20 de decembro pode ter na formación do alumnado, así como o seu encaixe nos currículos do Bacharelato, o IES do Milladoiro organizou unha actividade relacionada con dito feito: unha mesa redonda coa presenza das forzas políticas que se presentarán aos comicios.

 

Debate electoral

O pasado martes, 19 de maio, celebrouse no Instituto un debate electoral coas sete forzas que se presentaron ás eleccións locais do día 24. No debate tomaron a palabra nunha primeira rolda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE (José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que falou sobre as vías de participación política, dos problemas do transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas, do noite-bus, etc.

Todas as forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto, organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas políticas do Concello, así como a participación e intervencións do alumnado presente.

 

Roteiro John Moore e visita ao Museo de Belas Artes

Viaxe á cidade de A Coruña do alumnado de 4º ESO para facer o Roteiro "John Moore" e visitar o Museo de Belas Artes.

Visita ao Parlamento de Galicia

Visita do alumnado de 2º Bacharelato B ao Parlamento de Galicia.

Roteiro John Moore e visita ao Museo de Belas Artes

Viaxe deo alumnado de 4º de ESO á cidade de A Coruña: Roteiro John Moore e visita ao Museo de Belas Artes.

Visita de Paco Bañobre

O pasado venres 12 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu a visita de Paco Bañobre, membro de Adega e colaborador do Proxecto Ríos. Bañobre impartiu unha charla sobre a importancia das augas, un recurso natural finito ameazado por mútilples perigos. Galicia é, non o esquezamos,o "país dos mil ríos", segundo a expresión de Álvaro Cunqueiro.

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero

  Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron a seguinte presentación: 

Charla sobre "A violencia de xénero"

Charla sobre "A violencia de xénero" a cargo de Dolores Ferreiro, profesora do IES de Lamas de Abade.

Alumnado de 1º Bac B de H. M. Contemporáneo

3º ESO. Xeografía

Programación

Distribuir contido