O pasado martes, 19 de maio, celebrouse no Instituto un debate electoral coas sete forzas que se presentaron ás eleccións locais do día 24. No debate tomaron a palabra nunha primeira rolda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE (José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que falou sobre as vías de participación política, dos problemas do transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas, do noite-bus, etc.
Todas as forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto, organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas políticas do Concello, así como a participación e intervencións do alumnado presente.