DEBATE ELECTORAL COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º BACHARELATO

Dado o interese que un acontecemento como as eleccións xerais do 20 de decembro pode ter na formación do alumnado, así como o seu encaixe nos currículos do Bacharelato, o IES do Milladoiro organizou unha actividade relacionada con dito feito: unha mesa redonda coa presenza das forzas políticas que se presentarán aos comicios.

 

  • Nós. Candidatura galega: Adrián Dios Vicente, candidato ao Senado  pola Coruña.
  • En Marea: Xaime Subiela, candidato número 3 pola provincia da Coruña e concelleiro de Ames Novo.
  • PSdeG-PSOE: Ángel Mato Escalona, candidato nº 1 ao Senado pola provincia da Coruña.
  • Partido Popular de Galicia: Paula Prado del Río,  candidata nº 1 ao Senado pola provincia da Coruña.

 

O debate, no que participou alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, celebrouse no salón de actos do centro o martes 15 de decembro pola tarde. Cada un dos representantes políticos dispuxo de 10 minutos para expor o seu programa electoral. Rematada esta primeira rolda de intervencións, foi a quenda de intervencións e preguntas do alumnado, que foron moitas; de feito, quedaron bastantes sen facer.

 

Dende o Instituto agradecemos a presenza das candidatas e candidatos das forzas políticas invitadas.