Actuación en Muros
Hoxe xoves 30 de Abril a aula de Teatro do IES presentou na Casa da Cultura de Muros " Gorentosadas".
A actuación foi as 12:30 desta maña e ainda que o tempo non acompañou nada, os alumnos voltaron as 18:30 a Melide con unha nova experiencia na suas mochilas.
A verdade e que estes rapaces están imparables este ano. Parabens a todos e moi agradecidos a Afonso García que leva a ledicia e as ganas de superación dos nenos por todos os lugares da nosa xeografía galega.
Actuación en Muros
Hoxe 30 de Abril as 12:30 A Aula de Teatro do IES MELIDE "Teiroa Teatro" tivo unha nova actuación na casa de cultura de Muros. A experiencia foi fantástica e ainda que o tempo non acompañou nada os alumnos volveron as 18:30 a Melide cheos de ledicia e con unha nova experiencia nas suas mochilas. A verdade e que estes alumnos están imparables este ano. Parabens a todos e moitos agradecementos a Afonso que leva a ilusión de estes rapaces por toda a nosa xeografía galega.
Actuación en Muros
Hoxe 30 de Abril as 12:30 A Aula de Teatro do IES MELIDE "Teiroa Teatro" tivo unha nova actuación na casa de cultura de Muros. A experiencia foi fantástica e ainda que o tempo non acompañou nada os alumnos volveron as 18:30 a Melide cheos de ledicia e con unha nova experiencia nas suas mochilas. A verdade e que estes alumnos están imparables este ano. Parabens a todos e moitos agradecementos a Afonso que leva a ilusión de estes rapaces por toda a nosa xeografía galega.
Actuación en Muros
Hoxe 30 de Abril as 12:30 A Aula de Teatro do IES MELIDE "Teiroa Teatro" tivo unha nova actuación na casa de cultura de Muros. A experiencia foi fantástica e ainda que o tempo non acompañou nada os alumnos volveron as 18:30 a Melide cheos de ledicia e con unha nova experiencia nas suas mochilas. A verdade e que estes alumnos están imparables este ano. Parabens a todos e moitos agradecementos a Afonso que leva a ilusión de estes rapaces por toda a nosa xeografía galega.
PRESENZA DO IES DE MELIDE NAS XORNADAS DO PLAN PROXECTA 2015
As nosas compañeiras Ádega Mariña e Amelia Andrés participaron como relatoras nas Xornadas Plan Proxecta 2015, un encontro organizado polo CAFI ao que asistiron máis de 300 docentes implicados no desenvolvemento dos diferentes programas.
O IES de MELIDEabre así a porta a toda a comunidade educativa galega para dar a coñecer o seu proxecto que leva por título 5 AO DÍA: “IES VIDA”, integrado no programa “ALIMENT-T BEN” do Plan Proxecta.
O proxecto do noso IES foi seleccionado, de entre preto de 100 propostas que se están a levar a cabo nos centros educativos de Galicia, como exemplo de “BOAS PRÁCTICAS”.
O obxectivo do plan é favorecer a integración no currículo escolar de temas transversais baixo unha metodoloxía de traballo por competencias, na que se favorece a colaboración do alumnado, o labor interdisciplinario dos docentes e a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa.
O relatorio de Adega e Amelia tivo moi boa acollida entre o profesorado asistente as xornadas, sendo felicitadas pola súa amena e simpática exposición que se prolongou quince minutos da hora prevista por mor das moitas preguntas que lles fixeron.
Integrantes do centro Afexdi visitan o centro
Onte, 23 de abril de 2015 o IES deMelide tivo a immensa honra de recibi unha visita moi especial: Os chavales de Afexdi acompañados de tres dos seus monitores.
Afexdi é unha asociación con sede en Santiago de Compostela (Fontiñas) que se dedica a formación e emprego de persoas con discapacidades. Ofrecéronnos un obradoiro perfectamente estructurado de restauración e confección de libros. ¡Que mellor maneira de celebrar o día do libro que esta na que o alumnado aprende a restauralos e a cuidalos e a valoralos como un dos bens máis prezados que temos!
Cabe salientar que esta visita que tivo lugar onte entre as 11:00 h e as 13:30 h constituiu todo un éxito. Unha experiencia chea de ensinanza, cariño e entrega que quedará moito tempo no noso recordo.
PRESENTACIÓN OBRA DE TEATRO FUNDACIÓN MENIÑOS
Catro escolas de Teatro de Palas, Melide, Touro e A Estrada estrearán o próximo VENRES 27 de Febreiro 2015 no Teatro Principal de Ourense a obra "Gorentosadas".
A iniciativa ten un carácter solidario co que se pretende recaudar fondos para levar a cabo programas de axuda a nenos con unha situación socioeconómica grave.
O custe das entradas será de 2 euros e a recaudación irá destinada íntegramente ós nenos que sufren violencia de xénero no seo das súas familias.
Dende o IES Melide queremos animarvos para asistir á obra de teatro.
Grazas porque a túa colaboración é sempre importante.
Concurso de Recitado de poesía " Rosalía sempre viva"
O pasado sábado 21 de Febreiro 3 alumnas e 1 alumno do IES de Melide participaron no concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, e que tivo lugar na localidade lucence de Outeiro de Rei.
Aida López de 4º Eso recitou "Dende aquí vexo un camiño"; Sara Fociños tamén de 4º curso, "Amigos Vellos". Na categoría de 2º Bac, Diego Quintela , o poema "Tas-tis, tas-tis" e Uxía Loureiro, "A xustiza pola man".
Uxía Loureiro quedou finalista con un dramático e conmovedor recitado do texto rosaliano e recibiu os aplausos emocionados do público presente neste certamen.
Parabéns a todos vos pola vosa espectacular interpretación do sentir de Rosalía.
E, por fin, chegou o Entroido
E por fin chegou o Entroido.
Este ano decidimos agrupar todas as actuacións baixo o nome de ARTMELIDE. Propuxémoslles ós alumnos elixir unha obra de arte e posar antes da actuación diante dun enorme marco feito polos nosos compañeiros do Ciclo de Madeira.
Xurdiron así ideas fantásticas e complicadas que tiñan unha elaboración previa que incentivaba o traballo en equipo, a compenetración e a orixinalidade.
Queremos ter unha mención especial para os alumnos e profesoras da Aula Específica que nos deleitaron con unha recreación flamenca do Guernica.
Parabéns a todos os participantes e para todos os titores e profes que se involucraron na tarefa de conseguir no noso IES un ambiente de festa envolto, esta vez, de creatividade.
Os mestres da cerimonia foron Manuel Penín, Iria Varela e Belén Casal. |
O xurado tivo a difícil tarefa de elexir ós 3 mellores dun conxunto de 13 e repartir os premios de 50, 40 e 30 euros.
O primeiro premio foi para os alumnos de 2º Bac A, o segundo para os alumnos de 1º Bac A e o terceiro premio para os alumnos de 1º ESO C.
As tres últimas horas do Venres 13 de Febreiro do 2015 deixarónnos unhas imaxes tan divertidas e entrañables que queremos compartir , como sempre, con todos vós.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »