POXA DE MOBLES
Este mércores-8 ás 18:15, celebrarase no IES de Melide a Poxa de mobles.
Animámosvos a asistir, a valorar os exclusivos traballos de creación do alumnado e profesorado do Ciclo de Madeira que poden chegar a ser parte do mobiliario dos nosos fogares. Axudaremos, ao mesmo tempo, á promoción do bo facer do noso Ciclo de Formación Profesional.
XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS
PRÓXIMA XUNTANZA
LUNS 23 de Maio
LUGAR: BIBLIOTECA IES DE MELIDE
HORA 19:00
“Prevención frente ao consumo de drogas e alcohol.
Riscos asociados ao uso das redes sociais”
A CARGO DE
“Plan director para a Convivencia
e Mellora da Seguridade Escolar”
CORREMELIDE 2016
O IES de Melide está ultimando os detalles da organización desta actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo despedir en convivencia cos demais centros, dalgún xeito, o curso escolar antes de que comece o tramo final de exames e dar por rematadas as actividades complementarias e extraescolares do curso. Á súa vez pretende ser unha actividade para o fomento do uso da lingua galega.
IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRDA E X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” DE MUROS.
O alumnado da AULA DE TEATRO DO IES DE MELIDE, “TEIROA TEATRO, participou o domingo-24 de abril no IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA presentando a súa obra VARIEDADES ás 11:00 horas no Teatro Principal desta localidade. Unha obra coral na que se invita a reflexionar ao espectador sobre varios temas de actualidade: o papel integrador do teatro para as persoas con capacidades alternativas, o complexo mundo das relacións entre as persoas adolescentes e as da terceira idade, o medo como elemento cercenador da liberdade, o consumismo como fonte de insatisfación continua, os valores da actividade deportiva…
Ás 12:45 participaron nun roteiro musical, poético e teatral pola aldea de Ouzande; onde interactuaron cos veciños e coas veciñas desta aldea. A través desta ruta puideron achegarse á tradición popular e oral da zona e intercambiar experiencias cos integrantes das outras Aulas de Teatro.
O mércores, 27 de abril, o alumnado da Aula de Teatro do IES de Melide participou una X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” de Muros. Presentou un espectáculo conxunto coa Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Asistiu como público a esta función o alumnado do IES As Insuas e do IES Fontexería desta localidade.
Estas funcións estiveron enmarcadas dentro do CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO ESCOLAR que comezou no Teatro Principal de Ourense, o 18 de febreiro, e que está percorrendo os escenarios de diferentes vilas de Galicia coma Melide, Palas de Rei, A Estrada, Muros… e que continuará nos escenarios de Vila Real, Idanha A Nova, Setúbal, Laxe…
Novas de prensa: El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia
Aula de teatro do IES de Melide "Teiroa Teatro"
A aula de teatro do IES de Melide “Teiroa Teatro” desprazase este domingo, 24 de abril ata o Teatro Principal da Estrada para participar no IV Festival de Teatro Escolar da Estrada, co seguinte programa:
11:00 h.- Presentación da obra "Variedades" representada polo obradoiro municipal de teatro de Palas de Rei, aula de teatro do CPI de Touro, escola municipal de teatro de Laxe, aula de teatro do IES de Melide “Teiroa Teatro” e a aula de teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada "Avelaiñas Teatro".
12:45 h.- Roteiro teatral, poético e musical na aldea de Ouzande con saída dende a Igrexa
Deixamos aquí unhas fotos da participación dos nosos rapaces e rapazas no Festival de Teatro Escolar celebrado en Palas de Rei o pasado 9 de abril.
Día da Muller Traballadora no IES MELIDE 8 Marzo 2016
Exposición nos corredores de traballos realizados por diferentes Departamentos.
Teatro Teiroa polas aulas "Contos ao revés "
Velaiqui o vídeo resumen:
SÁBADO 12 MARZO : MELIDE ÉNCHESE DE MAXIA TEATRAL E MUSICAL.
Máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Melide Laxe, Palas de Rei, Touro e A Estrada) con idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos participarán nesta xornada teatral, poética e musical.
3 alumnas do IES Melide FINALISTAS NA OLIMPÍADA FILOSÓFICA
Tres alumnas do IES de Melide participan na final da Olimpiada filosófica, na modalidade de curtas de vídeo, celebrada o pasado 3 de marzo na facultade de filosofía.
Aida Couso Prieto, Paula Vázquez Sufuentes e Alba Vázquez Neira defenderon con paixón o seu traballo audiovisual coa temática de Perdedores na II OLIMPIADA FILOSOFICA DE GALICIA na modalidade Curtas de vídeo.
Os obxectivos da Olimpíada
A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.
- Achegar a filosofía á realidade do alumnado, e aumentar así a súa presenza dentro do ámbito escolar, amosando a súa necesidade e función dentro da nosa sociedade.
- Potenciar a reflexión e o pensamento crítico, traballando as competencias básicas, fundamentalmente o tratamento da información e competencia dixital, a competencia en comunicación lingüística, a social e cidadá, a cultural e artística, así como a capacidade de aprender a aprender, e a potenciación da autonomía e a iniciativa persoal.
- Servir de ponte de información para a difusión dos estudos de filosofía na Universidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »