Parlamento de Galicia
Como ven sendo habitual desde hai varios anos o Departamento de Filosofía organizou unha visita ao Parlamento de Galicia; este ano foron os alumnos de Ética de 4º ESO e Antropoloxía de 1º BAC os que tiveron a oportunidade de presenciar unha das sesións parlamentarias máis interesantes de todo o curso político xa que neste día tratabánse as preguntas ao presidente.
Tamén en liña con esta actividade, un grupo de estes alumnos participou os días 26 e 27 de febreiro nunha nova edición do Parlamento Xove, un certame que trata de incentivar o debate como ferramenta importante en todo discurso.
O alumnado participante Elvira Mazás, Cristina Simón, David Sesar e Ivan Oro, acompañados pola profesora Dolores Vázquez, cunha experiencia dilatada nestas lides, defenderom apaixoadamente os seus argumentos enfrontándose dialécticamente aos centros que lles foron asignados por sorteo.
ROSALÍA SEMPRE VIVA.
PROXIMA XUNTANZA ESCOLA DE NAIS E PAIS
LUNS 22 DE FEBREIRO
LUGAR: BIBLIOTECA DO IES de MELIDE
HORA: 18:10
CHARLA A CARGO DE CARME LOUREIRO
"A INTELIXENCIA EMOCIONAL"
PRESENTACIÓN DE VARIEDADES NA FUNDACIÓN CEO
O venres, 12 de febreiro, ás 12:00 horas, presentáronse ante os medios de comunicación as actuacións que a Aula de Teatro de Melide, Teiroa Teatro, realizará o xoves, 18 de febreiro en colaboración co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e A Aula de Teatro do IES da Estrada Antón Losada Diéguez, Avelaíñas Teatro. Haberá dúas funcións: a primeira ás 12:00 horas para público escolar e a segunda ás 20:30 horas para público xeral. AGARDÁMOVOS!!!
Preme aquí para ver o CARTEL do evento
Observación de estrelas, planetas, satélites, .... NOVO HORARIO: 20:30 H !!!!!!
Os departamentos de Grego, Física e Matemáticas e do IES de Melide están a organizar unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.
Esta actividade ofértase a toda a veciñanza que desexe asistir e terá lugar o próximo luns 15 de febreiro ás 20.30. Comezará cunha breve exposición na biblioteca do IES de Melide, para pasar logo a observación do ceo nas inmediacións do instituto. Contaremos coa axuda de astrónomos profesionais e os seus potentes telescopios. O Concello de Melide colaborará facendo un apagón da iluminación pública da zona, para permitir un mellor visionado. No caso de mal tempo, desconvocarase a actividade, quedando reemprazada até novo aviso. Animádevos a participar!!!
Moitas grazas
SUPEROITO NO IES MELIDE
HOXE TIVEMOS O HONOR DE RECIBIR A SUPEROITO NO IES MELIDE. CHAVI, GLENN E IVÁN SON 3 RAPACES DE 24 ANOS DA VILA DE ORDES. TEÑEN UN LEMA MOI CLARO:
" TOCAMOS RÁPIDO, BAILAMOS BEN E FACÉMOLO EN GALEGO". O SEU ROCANROL É FESTA ALÍ ONDE SOA E NINGUÉN PODE MARCHAR SEN SUDAR A CAMISETA. CUN REPERTORIO DE 31 CANCIÓNS TODAS E CADA UNHA DELAS DE COMPOSICIÓN PROPIA E EN GALEGO. AS SUAS LETRAS FALAN DE TODO CANTO NOS RODEA, PRETENDEN QUE TODOS NOS SINTAMOS IDENTIFICADOS EN ELAS, E VAIA SE O CONSEGUEN !!!!!!!
ESCOLA NAIS E PAIS DO IES DE MELIDE
Como pensa e sinte un adolescente?
Como acercarnos de forma afectiva e efectiva aos nosos fillos/as?
Como axudar aos nosos fillos/as na resolución de conflitos
Como incentivar e motivar aos nosos fillos/as
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.
RETRATO DUN ALMORZO SAUDABLE
Como colofón ao traballo realizado nas diferentes matérias, o alumnado de 1º ESO compartiu almorzo no ximnasio do IES de MELIDE.
Baixo un formato que convidaba á exposición dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba o bocadillo do recreo.
Por grupos de clase resolveron catro probas:
PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES DA ACTIVIDADE
1ª proba: Retrato dun almorzo saudable. Fotografar os ingredientes do almorzo saudable dun alumno/a do grupo-clase para defendelo cun breve discurso. |
2ª proba: Improvisación teatral (5´ de preparación): idear e dramatizar unha situación (duración máxima de 1´) que explique os principais beneficios dun almorzo saudable. |
3ª proba: Escribir en inglés cinco alimentos que poidan conter graxas hidroxenadas (“TRANS”). A pregunta farase en inglés. |
4ª proba: Segundo o modelo de almorzo entregado, e con atención ao estudado, facer os cálculos precisos para concluír se é ou non un almorzo saudable. |
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide
Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.
http://escoladenaisepaisdoiesdemelide.weebly.com/
Benvid@s a este espazo, que non pretende ser máis que unha extensión da escola de nais e pais que hoxe poñemos en marcha.
Queremos que esta escola sexa algo máis que unha reunión mensual. Gustaríanos que os debates e as propostas que saen destas xuntanzas, traspasasen as catro paredes do centro e se leven á vida familiar. A idea é tomar estes encontros como un punto de partida da reflexión, da análise e do debate sobre o noso xeito de ser nais e pais e do modelo de educación que lle pretendemos dar aos nosos fillos e as nosas fillas.
Como ademais sabemos que educar non é doado, ofrecemos este soporte para ter un punto de contacto permanente onde todos poderemos lanzar ao ar unha dúbida, unha inquedanza, unha proposta ou simplemente unha reflexión sobre o que estamos a vivir.
Benvid@s de novo e graciñas por estar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »