o día da Paz
O Día da Paz no noso IES .
Nunha reunión da biblioteca quedouse en propoñer ós alumnos do centro o reto de confeccionar 666 grúas que se colgarían na entrada....QUÉ LOCURA!!!! pois aí as tedes , incluso máis . Noraboa a todos polo traballo, traballo en equipo.
Marga representou cos seus alumnos do Grupo de Teatro Teiroa "Diagnose e Tratamento". Como xa se fixera en outra ocasión, os alumnos percorreron todas as aulas do IES sorprendendo tanto ós profes coma ós alumnos.
O día anterior asistiron ós 3 coles de Melide onde fixeron as ledicias dos máis pequenos.
E esta semana comenza a semana o Amor. Un carteiro espera as cartas dos nosos alumnos, cartas que entrarán a concurso . Un xurado formado por Susana Losada e Ana García xa ten preparados 4 premios para as mellores ...así que poñede a funcionar a vosa imaxinación e que viva o amor
Novas sobre o Proxecto Leonardo
Departamento de Madeira. IES de Melide
Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea
A construcción en madeira e a eficiencia enerxética da bioconstrucción
http://woodergy.wordpress.com/
No encontro de febreiro en Melide tivemos os seguintes invitados:
Lenhotec (Portugal), Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN), CIFP Someso (A Coruña) e Cooperativa Hábitat Social (A Coruña).
Organizáronse sesións de traballo onde se desenvolveron os temas do proxecto e avanzáronse propostas para futuras colaboracións. Tamén e visitamos o CIFP Someso onde teñen construido un módulo didáctico coas técnicas da bioconstrucción.
Ao mesmo tempo os carpinteiros dos paises participantes e os alumnos do 2º ano do ciclo de carpintaría executaron a cuberta verde do contenedor.
Outra vez en Melide, os días 2, 3 e 4 de febreiro teremos o penúltimo encontro desta Asociación. Se prepará a exposición de resultados que terá lugar en maio en Berlín. Os carpinteiros cubrirán as paredes do contenedor con cortiza como material illante e empregarán madeira termotratada para o paramento exterior.
Día internacional contra a violencia de Xénero no IES
No IES Melide adicámoslle tempo ó Día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO por ser un tema interesante e que nos preocupa.
Aproveitamos non só ese día senón outras xornadas para traballar de xeito interdisciplinar nas aulas rematando coa elaboración dun enorme mural feito polos alumnos de 1º e 2º ESO.
En 3º ESO aproveitando o tema da biblioteca os alumnos traballaron coas súas mans para dar forma e vida a obxectos con lemas alusivos a este día.
Obsequiáronnos con fermosos broches, debuxos, marcapáxinas, fundas de móbil…
En 4º ESO baixo o lema “ A muller da miña vida “ os alumnos editaron un vídeo do que todos puidemos disfrutar no recreo .
Os alumnos de 2º ESO e 1º BAC de Marga Quintela representaron polas aulas un Teatro mínimo ó longo das tres primeiras horas da mañá. Tratouse dunha representación curta pero contundente que gustou moito entre o alumnado ademáis de polo impactante , polo factor sorpresa, xa que os alumnos non sabían que ían ter esta actividade.
Na biblioteca do centro non faltou unha exposición de libros con esta temática.
E porque no IES non queremos que este tema quede no olvido a partires do mes de xaneiro ofreceremos ós nosos alumnos un total de 4 ou 5 obradoiros repartidos ata final de curso.
ASÍ VIVIMOS A CARREIRA SOLIDARIA 2014 - SAVE THE CHILDREN
Unha carreira de sentimentos para percorrer entre todos os 2.800 quilómetros simbólicos que nos separan de MALÍ. www.iesaudemelide.es
XI CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" POR MALÍ
O día 20 de novembro, -Día Internacional dos dereitos do Nen@-, faremos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. O resto do alumnado pode participar nalgunha das clases de educación física da semana do 17 ao 21 de novembro.
Máis información en: por el@s e por nos…, iesaudemelide.es cos máis desfavorecidos.
POXA DE MOBLES 2014 - CICLO DE CARPINTERÍA
O 19 de novembro ás 18:15 pasa polo noso IES para levar un moble con deseño, de calidade e a bo prezo; feito polo alumnado do Ciclo de Carpintería.
SORTEO DUN MOBLE ENTRE OS ASISTENTES.
Podes ver os mobles na web do ciclo clicando en: http://madeiramelide.weebly.com
10 edición do DÍA DO PEÓN no IES de MELIDE
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón.
O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…
Coa lectura dun pequeño manifestó comezará o acto no recreo do martes-11 no noso IES, no que coa colaboración da AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) intentaremos batir un reto: 100 trompos bailando ó mesmo tempo. Haberá tamén concursos de habilidades coa buxaina e de decoración dos peóns.
A convocatoria da décima edición do Día do Peón, no que se espera que máis de 10.000 nenos e nenas galegas disfruten simultanemente desde xogo está realizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional.
Estades invitad@s a participar.
FILME REALIZADO POLO NOSO ALUMNADO E PROFESORADO QUE PARTICIPOU NO MARCO DE EXPERIENCIAS CINE EN CURSO, UN PROGRAMA DA "BAO A QU" QUE EN GALICIA SE DESENVOLVE CO CGAI-CENTRO GALEGO DE ARTES DE IMAXE NO MARCO DO PLAN PROXECTA
Samaín 2014
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS NO NOSO IES O SAMAÍN.
DUAS HORAS" TERRORÍFICAS" NAS QUE OS ALUMNOS PUIDERON ELEXIR ENTRE O VISIONADO DUNHA PELÍCULA DE TERROR OU PARTICIPAR NUNHA XINCANA.
TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLOS ALUMNOS DE 1º BAC DE ANTROPOLOXÍA, UN CONTALENDAS QUE FIXO AS LEDICIAS DOS ASISTENTES.
NON FALTARON NO PATIO AS CASTAÑAS, ASADAS Ó MÁIS PURO ESTILO TRADICIONAL.
ENTREGAMOS 3 PREMIOS MOI MERECIDOS:
1. PREMIO Á MELLOR CALABAZA.
2. PREMIO Á MELLOR PASTELERÍA DO TERROR.
3. PREMIO Ó MELLOR GRUPO( POR MAIOR PUNTUACIÓN E MENOR TEMPO) QUE PARTICIPOU NA XINCANA.
DENDE A DIRECCIÓN QUEREMOS AGRADECERVOS A TOD@S A VOSA IMPLICACIÓN E TRABALLO.
Parabéns ós gañadores!!!!!!!!!!!!!!!!
Vémonos o vindeiro ano con máis e mellores ideas.
THINGS GO BETTER WITH BREAKFAST
Como colofón ao traballo realizado nas clases de educación física, inglés e matemáticas, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO compartiu almorzo no pavillón de deportes do IES de MELIDE.
Baixo un formato que convidaba á lectura dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión, sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba, nin máis nin menos, o bocadillo do recreo.
Por grupos de clase contestaron a cinco preguntas formuladas en inglés sobre as consígnas básicas para elaborar un bo almorzo: variado, equilibrado, suficiente, seguro e agradable.
Deixámosvos unhas imaxes da actividade…
Visita o noso blog www.iesaudemelide.es
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »