ENTRADA DE CINE - Samaín 2013
No IES de melide o Samaín comeza este venres-25.
4 de novembro - Día da ciencia en galego
Durante esta viindeira semana estarán expostos unha serie de varios cartaces que tratan de poñer de manifesto a estreita relación que sempre existiu e existirá entre a arte e a ciencia.
LIBROS DE TEXTO
Adxúntase no seguinte enlace a relación de libros de texto para o vindeiro curso.
1º PREMIO NO CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES SOBRE DOAZÓNS E TRANSPLANTES
A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia ven de conceder os premios correspondentes ao III Concurso de Curtametraxes para escolares relacionados coa doazón e os transplantes. O primeiro premio foi outorgado ao IES de Melide, por "Chegado o momento...ti podes poñer en marcha ó equipo".
A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, fixo entrega do premio ao director do IES de Melide, Jaime Couto, nun acto celebrado en Santiago o pasado día 5 de xuño.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4482/conselleria-sanidade-conmemora-dia-nacional-doador-nun-acto-que-entregou-prem>
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS 2013
VELADA TEATRAL CON TEIROA
O GRUPO DE TEATRO TEIROA presentounos dous lances breves de teatro canalla que tratan de amosar o mundo ao revés no que vivimos: PARA QUE QUEREMOS NOIVOS? e A OUTRA HISTORIA DE CAPERUCHIÑA.
Alumnado de 2º de Bac asiste en Santiago a unha masterclass sobre física de partículas
O departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou un ano máis unha nova xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Nesta nova edición participaron 6 alumnos e alumnas acompañados do profesor de física e consistiu na asistencia a dúas conferencias pola mañá e a realización dunha práctica con ordenadores sobre a detección de partículas nos experimentos que se levan a cabo no CERN. Unha vez rematada a práctica tivo lugar unha posta en común mediante videoconferencia con outros dous centros de investigación de Alemania nos que partipaba tamén alumnado de Bac realizando a mesma experiencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »