Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo
Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea
Wood Constructions and Energy Efficiency
cooling with plants – insulation materials – wood protection – measuring and monitoring
Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo que está a desenvolver o Departamento de Madeira do IES. Teremos outros invitados como expertos e compañeiros de centros de FP interesados no tema.
Están previstos diversos encontros, reunións e visitas e tamén os traballos de construcción dun teito verde sobre o contenedor.
Departamento de Madeira. IES de MELIDE
..
.
PASAMENTO DE XAQUÍN YEBRA-PIMENTEL
O domingo 27 de xullo deixounos Xaquín Yebra-Pimentel, profesor de Xeografía e Historia do IES de Melide. Somos moitos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores, persoal non docente, pais, nais.... que non tivemos tempo para agradecerlle o moito que nos deu todos estes anos no IES de Melide.
A perda de Xaquín déixanos algo orfa a toda a comunidade escolar pola súa calidade humana. Pero ademais Xaquín era un home xeneroso coa súa inmensa cultura, achegándanos mundos descoñecidos cada vez que a cada un de nós nos traía un libro, un fermoso texto ou un obxecto marabilloso das súas coleccións de arte. Sen dúbida el era un deses homes xustos a quen dedica Jorge Luis Borges o seu poema:
Un hombre que cultiva un jardín, como quería Voltaire.
El que agradece que en la tierra haya música.
El que descubre con placer una etimología.
Dos empleados que en un café del Sur juegan un silencioso ajedrez.
El ceramista que premedita un color y una forma.
Un tipógrafo que compone bien esta página, que tal vez no le agrada
Una mujer y un hombre que leen los tercetos finales de cierto canto.
El que acaricia a un animal dormido.
El que justifica o quiere justificar un mal que le han hecho.
El que agradece que en la tierra haya Stevenson.
El que prefiere que los otros tengan razón.
Esas personas, que se ignoran, están salvando el mundo.
EXPOSICIÓN DE DEBUXOS
Traballos do alumnado do IES de MELIDE na Sala de exposicións da Casa de Cultura de Melide. Aberto do 11 ó 26 de xuño.
O IES DE MELIDE RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME
O IES de MELIDE foi invitado a participar no acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2013-2014 participaron un total de 4.157 escolares, pertencentes a 182 aulas e 73 centros educativos. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio.
A clase de 2º ESO C recibiu o seu premio na categoría de actividade creativa e a profesora Amelia Andrés Casal foi premia por innovación educativa, sendo elixida para dar un discurso en representación do profesorado galego que participou no programa.
O acto de entrega de galardóns estivo presidido pola conselleira de Sanidade Rocío Mosquera e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.
BOSQUES NATURALES, COOPERATIVA "MILHULLOA" E EIRA DA XOANA
O alumnado de 3º de PDC fixo está presentación para mostrarnos en que consistiu á actividade.
ACTO DE DESPEDIDA - 2º DE BAC E CICLO DE MADEIRA
O IES de Melide está ultimando os detalles da organización do ACTO de DESPEDIDA do alumnado que este ano previsiblemente remata os seus estudos no noso IES, falamos dos discentes de 2º de BAC e de 2º do Ciclo de Madeira.
Nesta xuntanza tratamos de facer memoria do acontecido nestes anos da súa estancia no noso IES para facer un recoñecemento ó seu esforzo persoal e como colectivo; agradecendo tamén , por suposto, ás súas familias o seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »