O TRABALLO NON TEN XÉNERO

Vídeo realizado polo alumnado de 1º da ESO do IES de MELIDE para conmemorar o 8 de MARZO: "DÍA DA MULLER". 

MEMORIA HISTÓRICA NO IES DE MELIDE

No marco do tema de traballo da biblioteca para o presente curso, A viaxe e a migración, entre a curiosidade e a necesidade, o Club de Lectura Papalibros quere convidar a toda a comunidade educativa á charla titulada "Os xudeus superviventes do holocausto", impartida pola nosa lectora de inglés, Ashley Lauber, estadounidense neta de superviventes dos campos de Auschwitz-Birkenau.

Esta actividade xurdiu da lectura da novela gráfica Maus, de A. Spiegelman, por parte dos Papalibros.

CONCURSO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE"

Este venres e sábado, alumnos de Bacharelato procedentes de 21 centros educativos de toda Galicia (distribuídos en 28 equipos) reuniranse na Deputación da Coruña para debater se “a crise económica global está a servir para que a xuventude tome conciencia dun consumo responsable”. O pasado 16 de febreiro foron os alumnos de terceiro e cuarto de ESO os que abordaron a mesma cuestión no Pazo de Mariñán.

O equipo que representa ao IES de Melide está conformado por Antonio Cagide Varela, Iria Adán Penas, Nuria Rouco Mejuto, Pablo Vilariño Tarrío; coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García (Dep. Filosofía). Nesta imaxe podemos ver tamén ao resto dos integrantes do Club de Debate do IES de Melide.


24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

A Asociación Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) instituiu o 24 de febreiro como "Día de Rosalía", coincidindo coa data de nacemento da autora. Este ano conmemoramos, ademais, o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

Por este motivo as alumnas e alumnos de 1º de ESO ofrecerannos un recital de poemas de Rosalía de Castro o recreo do luns 25 de febreiro na bilbioteca.

TICKET TO ART

O Departamento de Inglés e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Melide en colaboración co Concello de Melide e o Conservatorio Municipal organizan este festival musical con motivo de recadar cartos para a viaxe  interdisciplinar a Londres que realizará o noso alumnado no mes de marzo.

ENTRADA A 3,00 EUROS.


II XORNADA DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Co motivo de achegar e sensibilizar a toda a comunidade educativa respecto do tema da “atención á diversidade”, como realidade cotiá no quefacer educativo o IES de Melide organiza os días 29, 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2013 estas II XORNADAS.   PROGRAMA


 

O BLOG DE 1º ESO C -BOCELO CALIDADE-

O noso alumnado de 1º ESO C quere compartir contigo o seu miradoiro:

 http://bocelocalidade.blogspot.com.es/2012/12/blog-post.html

LIÑAS DE AUTOBUSES ESCOLARES

MAPAS DAS RUTAS ESCOLARES REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO NA CLASE DE TIC empregando como ferramenta Googlemaps.


Liña 1

Liña 2

Liña 3

Liña 4

Liña 5

Liña 6

Liña 7

Liña 8

Liña 9

Liña 10

Liña 11

Liña 12

Liña 13

Liña 14

Liña 15


25 Novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 26, entre outras actividades, no IES de Melide pretendemos que a maioría do alumnado, profesorado e persoal non docente veña con vestimenta negra e branca, e cun lema alusivo á conmemoración pegado na roupa..., o que cada quen crea axeitado.

De negro, de cintura para abaixo, para reflectir que aínda queda moito por andar para a consecución da igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres; de branco, de cintura para arriba, para simbolizar que con unha boa educación é posible.

Ás 08:40 no corredor haberá un pequeno acto “mudo”: PONTE NOS MEUS ZAPATOS.

No recreo leremos un manifesto e colgaremos os lemas que trouxemos na cristaleira do corredor.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido