VÍDEO RESUMO -ACTIVIDADES DÍA DA PAZ-

-Traballo nas horas de titoría e en distintas clases sobre a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia...: A PAZ.
-Elaboración por parte do alumnado de varios vídeos sobre a Paz.
-Representación teatral a cargo de “TEATRO TEIROA” para o alumnado de 1º e 2º de ESO: POSTDATA (unha dramatización sobre o acoso escolar).
-Actividade cooperativa no recreo “Tod@s pola PAZ”.
-Martín (exalumno do centro), que participou baixo o mando da OTAN en varias misións humanitarias, impartiu unha charla ao alumnado de 1º de BAC sobre a súa experiencia en Afganistán.


EDUCAR NO CÁRCERE

Dúas profesoras de EPAPU do Cárcere de Teixeiro acompañadas polos internos Joana e Paco visitaron o noso IES para explicar o funcionamento do proxecto ANOCA -Aprender no Carcere-.

O alumnado de 4º ESo e do ciclo de Madeira que participaron na charla-coloquio seguiron con atención a Chus e Enma que contaron a súa enriquecedora experiencia como docentes na escola do centro penitenciario.

Os internos contaron as súas vivencias persoais, e responderon ás preguntas formuladas polo alumnado, quen coñeceu de primeira man os riscos de caer no mundo das drogas. Aprender dos erros, aínda que sexan alleos, e ser responsables do camiño a elexir foron a mensaxe clave que transmitiron Joana e Paco.

Enlace para que o alumnado faga comentarios:

http://proxectoanoca.blogspot.com/search/label/Melide%2011-12

Encontro de clubs de lectura

O 24 de novembro tivo lugar en Compostela o encontro do noso club de lectura Papalibros co club de lectura Retelladores do Galiñeiro do IES Losada Diéguez da Estrada. A nosa presentación oficial foi na Biboteca Ánxel Casal de Santiago, aínda que visitamos tamén a Biblioteca da Facultade de Historia e a Cidade da Cultura. Tes máis detealles desta actividade no noso blog Papalibros

CARREIRA SOLIDARIA POLA R.D. DO CONGO

O 21 de novembro participamos na VIII Carreira de Solidariedade, actividade que oganiza a ONG SAVE THE CHILDREN para os centros educativos de toda España.

O obxectivo foi desenvolver un espírito crítico no noso alumnado ante as inxustizas que se dan no mundo con respecto aos dereitos dos pequenos, acentuando a súa solidariedade. E doutra banda, recadar diñeiro para realizar programas de educación, sanidade e seguridade dirixidos a mellorar a vida dos nenos e nenas da REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO.


POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO

O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón. 

Así, o acto comezaba coa lectura do manifesto para facer a continuación concursos de habilidade coa buxaina, de decoración dos peóns, mostras de peóns doutras culturas, lanzamento do peón máis pequeno do mundo a cargo do artesán melidao Manolo Charrancas... E A CELEBRACIÓN DUN MAGOSTO.



II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (4 DE NOVEMBRO)

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio.  Tamén neste "II Día da Ciencia en Galego" homenaxéase á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.

ACTIVIDADES NO NOSO IES: VIDEOCONFERENCIA, OBRADOIROS CIENTÍFICOS, EXPOSICIÓNS, VIDEOFORUM, CONCURSOS... (máis información).

IMAXES DOS ACTOS:


 
 

CONCURSOS E EXPOSICIÓNS NO NOSO IES

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA (información).

CONCURSO DE "RELATOS "O SAMAÍN" (bases).

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE DECORACIÓN DE CABAZAS (aclaracións).

VÍDEO DIDÁCTICO SOBRE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA

from Falamelide TV on Vimeo.

FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO

Achegamos información a propósito do "III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación", que se celebrará no IES DE MELIDE os días 21 e 22 de outubro, e que ten aberto o seu prazo de matrícula.
A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores...). 
Trátase, de regra, da única actividade de formación de libre acceso que actualmente se convoca en Galicia sobre o tema.
Os asistentes teñen a posibilidade de presentar comunicacións sobre experiencias educativas relacionadas co xogo tradicional.

Más información http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=3&MenuId=281&Lng=&tl=0


AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido