You are herecontent / PRESENZA DO IES DE MELIDE NAS XORNADAS DO PLAN PROXECTA 2015

PRESENZA DO IES DE MELIDE NAS XORNADAS DO PLAN PROXECTA 2015


As nosas compañeiras Ádega Mariña e Amelia Andrés participaron como relatoras nas Xornadas Plan Proxecta 2015, un encontro organizado polo CAFI ao que asistiron máis de 300 docentes implicados no desenvolvemento dos diferentes programas.

O IES de MELIDEabre así a porta a toda a comunidade educativa galega para dar a coñecer o seu proxecto que leva por título 5 AO DÍA: “IES VIDA”, integrado no programa “ALIMENT-T BEN” do Plan Proxecta.

O proxecto do noso IES foi seleccionado, de entre preto de 100 propostas que se están a levar a cabo nos centros educativos de Galicia, como exemplo de “BOAS PRÁCTICAS”.

O obxectivo do plan é favorecer a integración no currículo escolar de temas transversais baixo unha metodoloxía de traballo por competencias, na que se favorece a colaboración do alumnado, o labor interdisciplinario dos docentes e a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa.

O relatorio de Adega e Amelia tivo moi boa acollida entre o profesorado asistente as xornadas, sendo felicitadas pola súa amena e simpática exposición que se prolongou quince minutos da hora prevista por mor das moitas preguntas que lles fixeron.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido