Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverO alumno de 2ºESO do IES LAXEIRO Jorge Brey Fernández clasificado para a final da OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGAO alumno de 2ºESO do IES LAXEIRO Jorge Brey Fernández participou na fase de zona da OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA o pasado día 16 de abril en Santiago de Compostela e clasificouse para participar na FASE FINAL GALEGA a celebrar o día 14 de maio en Vigo. Na fase de zona participaron máis de 400 alumnos de 2º de ESO de preto de 100 Institutos de toda Galicia, dos que só 40 pasan a FASE FINAL GALEGA. De clasificarse entre os tres primeiros, Jorge Brey, participaría na FASE ESTATAL DA OLIMPIADA en Palma de Mallorca do 24 ao 28 de xuño. O Departamento de Matemáticas quere felicitar desde aquí a Jorge polo éxito acadado e animalo para que non perda o gosto polas matemáticas e que, con elas, poida chegar ainda máis lonxe. Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICOOs alumnos de ESO do IES LAXEIRO Belén Fernández López, Andrés Peña del Rio, Martín Vidal Daparte, Daniel Novegil Fernández, Luis González Mouriño e Juan José Recimil Taboada, participarán no Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO que organiza o concello de Santiago en colaboraciín con AGAPEMA (Asocicaión de Ensinantes de Matemáticas de Galicia). O concurso, no que participan equipos de 6 alumnos de centros de secundaria, consiste en traballar actividades, maioritariamente manipulativas, de distintas ramas das matemáticas impartidas nos dous ciclos de secundaria obrigatoria. Celebrarase na Praza da Quintana de Santiago o vindeiro día 12 de maio (Día Escolar das Matemáticas). Catro alumnos de 2º ESO do IES LAXEIRO participan na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGAOs alumnos de 2ºESO do noso centro Jorge Brey Fernández, Jorge García García, Marcos Otero Vázquez e Silvia Villanueva Villanueva participaron, o pasado día 16 de abril en Santiago de Compostela, na FASE DE ZONA da XII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA. A proba, que organiza a Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia (AGAPEMA), consistíu na resolución individual de cinco problemas, nos que a organización primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc., por enriba da mera solución. A mesma proba celebrouse á mesma hora en A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo, coa participación de alumnos de perto dun centenar de institutos galegos. De todos os participantes na fase de zona, a organización seleccionará a 40 que participarán na FASE FINAL GALEGA o vindeiro dia 14 de maio en Vigo. Os tres participantes con maior destreza na resolución de problemas terán a opción de participar na XXI OLIMPIADA MATEMÁTICA NACIONAL que terá lugar en Baleares a finais de xuño de 2010.
O IES Laxeiro gaña o Parlamento XoveO IES Laxeiro de Lalín gaña a primeira edición do Parlamento Xove
|
Novos números
|