Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverVisita á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda (A Coruña)O pasado xoves, día 12 de abril de 2012, alumnado de 1º de bacharelato da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo acompañados de tres profesores, realizaron unha visita didáctica á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA no Concello de Cerceda.
» O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRASO alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios. » O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Actividades -aprendizaxe Linguas estranxeiras. Convocatoria 2012
Inmersión lingüística ano 2012 Recursos enerxéticos e mineiros de GaliciaA partires do vindeiro 6 de febreiro ata o 10 comeza a exposición de paneis sobre os "recursos enerxéticos e mineiros de Galicia" cedida pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo. A exposición está aberta para todos, libre e gratuita... Axúntase os paneis reducidos. » BloGalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego! Ata pronto e un saúdo, » Final comarcal de Cifras e LetrasO xoves 26 de maio celebrouse no Auditorio de Lalín e no IES "Ramón Mª Aller" a final comarcal do concurso de "Cifras e Letras" que organizaron os departamentos de Matemáticas do CPI de Rodeiro, IES "Pintor Colmeiro", IES Ramón Mª Aller" e IES "Laxeiro". Houbo dúas finais ás que chegaron dous alumnos de 1º ciclo (1º e 2º de ESO) e outros dous de 2º ciclo (3º e 4º de ESO) que estiveron acompañados e animados polos seus compañeiros de clase. Fotos na galería do centro. » Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino. » Novo éxito do IES.Laxeiro no concurso de relato corto da Fundación Coca ColaO IES.Laxeiro volve á súa cita co éxito na creación literaria. Cada ano, como ven sendo costume, o seu alumnado de 2º ESO amosa as súas cualidades de futuros/as escritores/as e colleitan novos éxitos no concurso nacional de relato corto que , como cada ano, e van cincuenta e un,organiza a Fundación Coca Cola. Este ano son duas alumnas de 2º ESO A as que logran acadar un posto na final autonómica que se vai a desenvolver no Teatro Jofre de Ferrol o próximo venres, día 3 de xuño ás sete da tarde. Alba Tomé Seijas e Ana Santorum Martínez son as creadoras destos dous relatos que a través desta páxina queremos amosárvolos. "Entre lienzos y cuadros de Alba y números de magia de Ana" atoparemos arte e creatividade de duas alumnas de 2º ESO que o próximo venres en Ferrol representarán ao IES,Laxeiro ,unha vez máis, no Concurso Nacional de Relato Corto Coca Cola 2011.
|
Novos números
|