Curso 2021/22

Encontros na Biblioteca

24/02/2022 12:30
24/02/2022 13:30
Europe/Madrid

Encontro coa escritora Andrea Maceiras, autora do libro "O que sei do silencio". 

Visita aos centros de FP de Lugo

O xoves, 17 de febreiro, fomos de visita aos centros de formación profesional de Lugo co alumnado de 2º de bacharelato e de 2º de formación profesional básica.

Durante esta xornada o alumnado visitou  o CIFP Politécnico de Lugo,  onde puidemos facer un percorrido polas distintas familias profesionais que se imparten neste centro educativo: Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Industrias Alimentarias, Madeira Moble e Cortiza, Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade. 

 

Os nosos alumnos e alumnas puideron coñecer de primeira man como son estas ensinanzas e escoitar como é a experiencia de estudar estes ciclos, como se estruturan e son as clases, etc. Ademais, durante esta visita vemos e conversamos con antigo alumnado do IES do Camiño, o que nos fai sempre moita ilusión. 

 

Continuamos a nosa viaxe ata a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, onde nos acercamos a un tipo de ensinanzas máis descoñecidas. Neste centro impártese Deseño de Interiores, Deseño Gráfico, Cerámica Artística, Fotografía, Gravado e Serigrafía Artística. Ademais de ver as estancias do centro e coñecer en que consisten as distintas ensinanzas, puidemos confeccionar unha camiseta en Serigrafía Artística, que foi sorteada e o gañador foi Adán.

 

Así mesmo, sorteáronse tamén dous alfís, que nos regalaron en Fabricación Mecánica no CIFP Politécnico,  e que gañaron Carlos e Verónica

 

Despois dunha xornada tan intensa, aproveitamos para recargar forzas xantando en Lugo e á tarde volvemos para Palas de Rei. 

 


Podedes ver as imaxes da xornada no seguinte enlace:

Visita aos centros de FP

17/02/2022 08:45
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de BAC e o de 2º de FP Básica visitará o CIFP Politécnico e o EASD Ramón Falcón

Viaxe ao Teatro Principal de Ourense

O grupo de teatro Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, do que forma parte alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei, participaron xunto a outros centros educativos na mostra de teatro REVIRACONTOS, celebrada o día 9 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.

 

Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI _ Cruz Vermella

No noso centro desenvolveuse hoxe mércores 9 de febreiro o Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI, enmarcado dentro das accións formativas que leva a cabo a Cruz Vermella nos centros educativos para prever condutas violentas. 

Obradoiro para a prevención do Racismo e a Xenofobia_ Cruz Vermella

No noso centro desenvolveuse hoxe martes 8 de febreiro o Obradoiro para a prevención do Racismo e a Xenofobia, enmarcado dentro das accións formativas que leva a cabo a Cruz Vermella nos centros educativos para prever condutas violentas. 

 

11 FEB- Día Internacional da Muller e da nena na ciencia

Con motivo da conmemoración o 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, desenvolveuse no noso centro este venres día 4 unha charla proposta pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo por parte dunha investigadora desa institución.

Plan Director "Ciberseguridade"

Esta mañá contamos no centro coa charla sobre “Ciberseguridade” enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil e destinada ao alumnado de 2º e 3º da ESO. 

Charla temática: "Verificación contra a desinformación"

No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, o IES do Camiño, participa nesta iniciativa solicitando a charla temática “Verificación contra a desinformación” impartida polo profesor da facultade de Ciencias da Comunicación, Jorge Vázquez Barreiro.  

Mapas divertidos

O alumnado de 1º e 2º da ESO, así como o de Xeografía de 2º de Bacharelato, participou no obradoiro de divulgación científico-técnica "Mapas divertidos", promovido polo Departamento de Xeografía da USC en centros de ensino medio de todas as comarcas do País.

Como complemento ás aulas da materia de Xeografía e Historia, o estudantado achegouse á cartografía como instrumento necesario para coñecer, planificar e ordenar do territorio.

Distribuir contido