Curso 2021/22
Visita ás Médulas e ao Cebreiro
Enviado por Anónimo o Dom, 12/06/2022 - 18:26O alumnado do centro de Cultura Clásica e Latín visitamos o xoves día 9 a antiga mina romana a ceo aberto de ouro das Médulas. Tras gozar das vistas espectaculares dende o mirador de Orellán, baixamos ata o pobo onde nos agardaba un refresco ou auga que souberon a gloria. No traxecto puidémonos facer unha idea real das técnicas de extracción do ouro in situ, maiormente da ruina montium (valéndose da auga que traían por canles que podían ter ata uns 300 km); ao tempo que admiramos os milenarios castiñeiros que alí se conservan e nos informamos de como foron os romanos quen introduciron na nosa terra a explotación da castaña. Dalgún xeito tiñan que alimentarse os entre 10 e 20000 homes que en torno a ela traballaban, entre escravos e xentes dos arredores.
Á volta xantamos no Cebreiro (de CEBRARIUM, “asnos bravos”), onde tivemos a oportunidade de visitar o seu conxunto etnográfico das pallozas e coñecer como era unha aldea de montaña en tempos, a súa igrexa de estilo prerrománico (s. IX e lenda do Santo Graal) e unha das principais entradas da época romana (e actual) cara ás terras da actual Galiza.
Encontro co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra
Enviado por Anónimo o Dom, 12/06/2022 - 18:23O día 8 de xuño algúns dos rapaces de segundo e terceiro da ESO do IES do Camiño xuntáronse coa rapazada do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. Xa se coñecían por carta, pois dende o primeiro trimestre os Departamentos de Lingua Galega e Castelá dos dous centros coordinaron un proxecto de envío de misivas co obxectivo de fomentar a expresión escrita. O encontro foi curto, a viaxe foi longa e choveunos; pero recibíronnos con moito agarimo e un aperitivo, os rapaces puxéronlles cara ós seus correspondentes, xogaron ós detectives e quedaron con gana de máis.
Na imaxe podemos ver a todo o grupo no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, pois alí rematou a nosa viaxe.
Charla para a Prevención dos Incendios Forestais
Enviado por Anónimo o Mér, 08/06/2022 - 20:10O martes 7 de xunto, os axentes da garda civil pertencentes ao Seprona, Carlos Rodríguez e Roberto Pérez, acudiron ao centro educativo para impartir unha charla sobre a prevención dos incendios forestais.
Agora que comeza a época estival e con ela se incrementa o risco de sufrir incendios os bosques do noso País, é fundamental que o alumnado se conciencie sobre a importancia que ten protexer a nosa natureza e do que se pode facer para protexer e previr os incendios.
Así mesmo, durante a charla puideron saber como se levan a cabo as investigacións dos incendios forestais, poñendo exemplos reais de incendios e de como foron provocados.
Ao final da mesma, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO xunto con 1º de Bacharelato puideron formular as dúbidas e preguntas que estimaron oportunas.
Cruz Vermella_ Obradoiro para a Prevención da Violencia de Xénero.
Enviado por Anónimo o Mér, 08/06/2022 - 20:08O martes 7 de xuño contamos no noso centro con Alba, técnica da Cruz Vermella.
Os alumnos e alumnas de 2º da ESO participaron no Obradoiro para a prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade.
Ao longo desta actividade puideron coñecer os conceptos básicos que se enmarcan dentro da igualdade, reflexionar sobre as diversas manifestacións sociais da violencia de xénero e coñecer cales son as estratexias que nos serven para fomentar e potenciar a igualdade real entre mulleres e homes.
Todo elo a través de dinámicas e actividades onde o alumnado podía participar libremente e implicarse no desenvolvemento das mesmas, ao mesmo tempo que formulan as súas dubidas.
Calendario fin de curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Xov, 26/05/2022 - 22:37
CALENDARIO FIN DE CURSO (21/22)
XUÑO
Días 7 e 8 de (martes e mércores):
-
3 ª Avaliación de ESO.
-
3 ª avaliación e final ordinaria de 1º BAC
Día 9 de (xoves):
-
Entrega de notas a última hora da mañá.
-
Ás 15:00 publicación das notas en abalar.
Día 10 (venres) e 13 (luns):
-
1º de BAC: ata as 14:00 horas presentación de reclamacións no centro.
Día 14 (martes):
-
1º de BAC: ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.
Día 15 e 16:
-
1º BAC: ata as 14:00 presentación de reclamacións ante Xefatura Territorial.
Días 20-22:
-
Probas finais da convocatoria extraordinaria para BAC.
Día 22 (mércores):
-
Rematan as clases.
Día 23 (xoves):
-
Avaliacións ordinaria de ESO e extraordinaria de BAC.
-
Ás 18:00 h. publicación das notas en abalar.
Día 27 (luns) e 28 (martes):
-
Ás 10:00 o día 27 entrega de boletíns de notas no centro (cada grupo na súa aula de referencia) e de sobres de matrícula.
-
Presentación de reclamacións no centro dende as 09:00 ata as 14:00 horas.
-
Revisión de actividades, tarefas ou traballos co profesorado.
A ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO NO CENTRO FARASE AO RECOLLER O BOLETÍN DE NOTAS.
Día 29 (mércores):
-
Ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.
Día 30 de xuño e 1 de xullo:
-
Ata as 14:00 h. presentación de reclamacións ante a Xefatura Territorial.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/23.
Enviado por Anónimo o Ven, 20/05/2022 - 21:09FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2020/21.
Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 22-23. Teñen máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
No noso centro, ao estarmos dentro do Proxecto E-Dixgal (libro dixital) ao menos en 6 materias por curso, non hai axuda para libros, pero si para adquirir material escolar.
Está aberto o prazo para presentar as solicitudes ata o 22 de xuño, incluído.
Dado que en 2º e 4º non hai cambio de libros este ano, este alumnado debe, se o ten a ben, agardar ata setembro para adquirilos, pola posibilidade de que se lles poidan facilitar dende o fondo libros do centro, de haber existencias.
RESUMO da Orde do 29 dea bril de 2022.
Axudas ESO: 1º, 2º, 3º e 4º ESO (Material Escolar)
REQUISITOS: Ter devoltos os libros do curso 2021/22.
EXCLUSIÓN: A falta de devolución dos libros de texto será causa de EXCLUSIÓN da participación no fondo solidario.
SOLICITUDES:
- Unha solicitude única por familia para todos os fillos e fillas do centro.
- Desde o 18 de maio ao 22 de xuño de 2022
DOCUMENTACIÓN:
- SOLICITUDE que se obtén na conserxería ou en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
- Fotocopia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.
- Fotocopia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
SUBSTITUCIÓN LIBRO FAMILIA
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza a Xunta de Galicia.
NOTA: O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2022/2023, a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
IMPORTANTE : Solicitude única por familia para todos os fillos e fillas.
O alumnado de 2º e 4º ESO, cursos que non están suxeitos o cambio de libros este ano, deberan agardar ata setembro para adquirilos, ante a posibilidade de un reparto de libros do “Fondo Libros” do centro.
Día das Letras Galegas 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 19/05/2022 - 21:31O venres 13 de maio, a creadora artística Fátima Delgado presentou no noso centro o espectáculo Poesía e pulso: os lugares de Florencio.
Foron 60 minutos de poesía e música electrónica. Con eses elementos, Fátima Delgado foi tecendo un relato que nos levou de Córgomo (verdadeiro locus amoenus natal de Florencio Delgado Gurriarán) ao horror da guerra e ao drama do exilio no acolledor México, país que lle había inspirar ao poeta mestizos versos galego-mexicanos. Nesta narración-recitado-dramatización, a saudade tivo un papel protagonista, igual ca o tivo na vida e obra de Florencio Delgado.
Deste xeito, o IES do Camiño celebrou o Día das Letras Galegas 2022, adicado ao insigne Florencio Delgado Gurriarán.
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022
Enviado por Anónimo o Mar, 10/05/2022 - 22:45O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, polo que este ano propuxémonos facer uns marcapáxinas moi especiais co alumnado da ESO e de FP Básica a través da hora de titorías, coa axuda dos seus titores e titoras.
Nesta actividade o alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, tiña que elaborar un marcapáxinas que estaría dedicado a unha muller científica, no que se recollería, por un lado, un pouco da súa biografía e, polo outro, os fitos alcanzados.
As mulleres homenaxeadas nesta actividade son:
- Ángeles Alvariño.
- Elizabeth Blackburn.
- Jocelyn Bell Burnell.
- Mar Capeáns.
- María J. WonenburgerPlanells.
- Mary Anning.
- Özlem Türeci.
- TarsyCarballas.
- Ángela Ruiz Robles.
- Isabel Zendal.
- Katalin Kariró.
- Katherine Johnson.
- Margarita Salas.
- Marisol Soengas.
- Ann Makosinski.
- Deborah García
- Inmaculada Paz Andrade.
- María José Alonso.
- Rosalind Franklin.
- Sonia Villapol.
- Sophie Germain.
- Augusta Ada Byron. (Ada Lovelace)
- Antonia Ferrín.
- Barbara McClintock.
- Minia Manteiga.
- Olimpia Valencia.
- Rachel Carson.
- Ana María Prieto.
- Lise Meitner.
- Olga MoreirasTuni.
Hoxe por fin o noso proxecto ve a luz e poderá ser repartido entre os membros da comunidade educativa e o CIM de Palas de Rei.
Agardamos que vos gusten!
Podedes ver os 30 marcapáxinas feitos polo alumnado e revisados por Marta Blanco e Cristina Eiras premendo na seguinte imaxe.
8 MARZO 22_ We Can do it!!
Enviado por Anónimo o Sáb, 07/05/2022 - 21:18Este ano, entre outras actividades, para conmemorar o Día Internacional da Muller acordamos facer un mural colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa.
O lema do cartel foi “We Can do It!” (Podemos facelo!). Foi creado en 1943 por Howard Miller, no contexto da II Guerra Mundial, coa finalidade de animar ás traballadoras da compañía eléctrica Westinghouse Electric de Estados Unidos.
O cartel non tivo moito éxito durante a Segunda Guerra Mundial. Mais, na década de 1980, foi redescuberto e amplamente reproducido de moitas formas, a miúdo chamado " We Can Do It!", pero tamén coñecido como " Rosie the Riveter". Nel represéntase a figura emblemática dunha forte traballadora da produción no período da guerra. Esta imaxe " We Can Do It!" foi utilizada para promover o feminismo e tamén para outras cuestións políticas a partir da década de 1980.
Así mesmo, a imaxe foi portada da revista Smithsonian en 1994, e tamén se converteu nun selo postal de primeira clase de Estados Unidos en 1999. Ademais, foi incorporada a partir do ano 2008 en materiais de campaña de varios políticos estadounidenses, e tamén foi reelaborada por un artista no ano 2010 para celebrar á primeira muller en converterse en Primeira ministra de Australia.
Como curiosidade, saber que o cartel é unha das dez imaxes máis solicitadas nos Arquivos Nacionais e Administración de Documentos dos Estados Unidos.
A día de hoxe é considerado un símbolo do empoderamento feminino e da loita pola igualdade e o feminismo.
Moitas grazas a todas e todos os que fixestes posible este cartel polo 8M e do que agora podemos desfrutar na entrada do instituto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »