Curso 2021/22
Modificación curricular: Criterios de promoción e titulación para o curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mar, 05/04/2022 - 20:55No seguinte documento pódese consultar a información relativa aos Criterios de promoción e titulación para o curso 2021/22.
Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021
Enviado por Anónimo o Mar, 05/04/2022 - 20:43No seguinte documento pódese consultar a Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.
Orde do 2 de marzo de 2021 ola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico
Enviado por Anónimo o Mar, 05/04/2022 - 20:36No seguinte documento pódese consultar a Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Cruz Vermella_ Obradoiro Educación Sexual (4º ESO)
Enviado por Anónimo o Ven, 01/04/2022 - 11:31A petición do alumnado de 4º da ESO solicitamos á Cruz Vermella de Lugo o Obradoiro sobre Saúde Sexual, xa que o curso pasado por mor da pandemia e debido ás medidas preventivas non puido celebrarse.
Este Obradoiro, realizado o 29 de marzo, promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.
Sendo o seu obxectivo principal fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.
Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade e saúde sexual (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).
Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade.
E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dúbidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella.
Moitas grazas por responder tan axiña a esta petición e poder atender así a demanda do noso alumnado de 4º da ESO.
Festival de Teatro Grecolatino Lugo - A Coruña 2022
Enviado por Anónimo o Sáb, 12/03/2022 - 23:28Este mércores, día 9, o alumnado de Cultura Clásica e Latín deste centro acudiu a Lugo ao FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO-A CORUÑA 2022. Pola mañá asistiu á representación da traxedia Ifixenia en Áulide de Eurípides e pola tarde da comedia de Plauto O Persa. Ambas as dúas representadas marabillosamente pola compañía de teatro de Culleredo El Ruiseñor.
Á ida visitaron a Ponte Ferreira e unha reprodución exacta dun miliario atopado en San Román da Retorta, dous dos restos máis importantes que aquí cerca se conservan da Via XIX romana que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), pasando por Lucus Augusti (Lugo) e polo norte do concello de Palas de Rei, e pola que hoxe discorre o chamado Camiño Primitivo cara a Compostela.
Así mesmo, andando camiño, abeiraron por Santalla de Bóveda, onde gozaron da visita ao templo romano dedicado á deusa Cibeles e logo cristianizado, datado entre os séculos III e IV e as súas pinturas do VII. Está considerado un unicum, ao non existir ningún outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo imperio romano.
8 MARZO 22_ Día Internacional da Muller
Enviado por Anónimo o Mar, 08/03/2022 - 22:49Hoxe, 8 de marzo, conmemorase o Día Internacional da Muller.
Este ano a UNESCO une a súa voz á de toda a familia das Nacións Unidas ao celebrar este día baixo o lema “ Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”. Deste xeito, recoñécese a contribución das mulleres e das nenas en todo o mundo que están liderando o peso na adaptación, mitigación e resposta ao cambio climático, para construír un futuro máis sostible para todas e todos.
Este ano puidemos volver a participar na “Andaina pola igualdade real” que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Palas de Rei, na que participamos xunto co CEIP Palas de Rei, xa que xuntas e xuntos somos máis fortes.
Queremos agradecer ao noso alumnado e ao profesorado o compromiso coa igualdade e a súa participación nesta actividade.
“Aspiro, señores, a que reconozcáis que la mujer tiene destino propio; que sus primeros deberes naturales son para consigo misma, no relativos y dependientes de la entidad moral de la familia que en su día podrá construir o no construir; que su felicidad y dignidad personal tiene que ser el fin esencial de su cultura, y que por consecuencia de ese modo de ser mujer, está investida del mismo derecho a la educación que el hombre.”
Dña. Emilia Pardo Bazán
Discurso en el Congreso Pedagógico Internacional, 1892
Podedes ver as fotos da Andaina no seguinte enlace:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2022
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/03/2022 - 18:55Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Máis información:
Tamén podes acudir ao departamento de orientación.
Fonte: edu.xunta.gal/fp
Excursión a Santiago
Enviado por Anónimo o Xov, 03/03/2022 - 22:14O xoves 3 de marzo os grupos de 1° e 2° da ESO visitaron Santiago, onde tiveron oportunidade de visitar diversas prazas da cidade vella da capital do País. Posteriormente dirixíronse ao Parlamento, onde realizaron unha visita guiada para coñecer en profundidade esta institución, máxima representación da expresión democrática da vontade do Pobo Galego.
Podedes ver algunhas das fotos desta excursión no seguinte enlace:
Encontro coa escritora Andrea Maceiras
Enviado por Anónimo o Ven, 25/02/2022 - 19:39Os membros do Club de Lectura do IES do Camiño tivemos o pracer de coñecer este xoves á escritora Andrea Maceiras, autora do libro "O que sei do silencio", unha novela que fala de acoso, pero dende múltiples perspectivas.
Foi un encontro fermoso no que descubrimos o que empurrou a Andrea a escribir esta historia, así como moitas das historias que escribe. Preguntámonos polas fronteiras entre o real e ficticio na obra. Descubrimos que, de entre todos os que recibiu, o premio que máis lle gustou, foi precisamente o de ser unha das escritoras máis escollidas nos clubes de lectura. Soubemos, entre outras cousas, que escribe dende nena, que lle gusta regalar historias e que nunca obrigaría ó seu alumnado a ler os seus libros. Revelounos, como docente que é, que os profes non temos alumnas ou alumnos preferidos, porque todos e todas sodes especiais dalgún xeito.
En definitiva, foi unha actividade ben bonitiña na que Andrea Maceiras, de xeito cercano, sinxelo e moi profesional; nos invitou a todas e a todos a non quedar en silencio.
Grazas pola vosa boa disposición e pola participación!
Podedes ver as fotos do encontro no seguinte enlace:
Cruz Vermella_ Obradoiro sobre Saúde Sexual
Enviado por Anónimo o Mar, 22/02/2022 - 22:30Continuando coas accións formativas en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, no noso centro celebrouse hoxe, martes 22, o Obradoiro sobre Saúde Sexual co alumnado de 3º da ESO.
Este Obradoiro promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.
Por todo elo o seu obxectivo principal é fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.
Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade e saúde sexual (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).
Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade.
E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dubidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »