Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022
O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, polo que este ano propuxémonos facer uns marcapáxinas moi especiais co alumnado da ESO e de FP Básica a través da hora de titorías, coa axuda dos seus titores e titoras.
Nesta actividade o alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, tiña que elaborar un marcapáxinas que estaría dedicado a unha muller científica, no que se recollería, por un lado, un pouco da súa biografía e, polo outro, os fitos alcanzados.
As mulleres homenaxeadas nesta actividade son:
- Ángeles Alvariño.
- Elizabeth Blackburn.
- Jocelyn Bell Burnell.
- Mar Capeáns.
- María J. WonenburgerPlanells.
- Mary Anning.
- Özlem Türeci.
- TarsyCarballas.
- Ángela Ruiz Robles.
- Isabel Zendal.
- Katalin Kariró.
- Katherine Johnson.
- Margarita Salas.
- Marisol Soengas.
- Ann Makosinski.
- Deborah García
- Inmaculada Paz Andrade.
- María José Alonso.
- Rosalind Franklin.
- Sonia Villapol.
- Sophie Germain.
- Augusta Ada Byron. (Ada Lovelace)
- Antonia Ferrín.
- Barbara McClintock.
- Minia Manteiga.
- Olimpia Valencia.
- Rachel Carson.
- Ana María Prieto.
- Lise Meitner.
- Olga MoreirasTuni.
Hoxe por fin o noso proxecto ve a luz e poderá ser repartido entre os membros da comunidade educativa e o CIM de Palas de Rei.
Agardamos que vos gusten!
Podedes ver os 30 marcapáxinas feitos polo alumnado e revisados por Marta Blanco e Cristina Eiras premendo na seguinte imaxe.