Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI _ Cruz Vermella

No noso centro desenvolveuse hoxe mércores 9 de febreiro o Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI, enmarcado dentro das accións formativas que leva a cabo a Cruz Vermella nos centros educativos para prever condutas violentas. 

Búscase con esa formación sensibilizar e reducir as condutas violentas na poboación adolescente e xuvenil, promovendo a igualdade, a convivencia, a diversidade e a tolerancia. 

Durante o obradoiro, o alumnado de 4º da ESO realizou diversas dinámicas, tarefas, debates….  nos que se traballaron os conceptos básicos, as manifestacións sociais da discriminación por razón de identidade e/ou orientación sexual, estratexias para fomentar a non violencia e a tolerancia, así como tamén se abordou temas relacionados co feminismo. 

O alumnado de 4º da ESO manifestou o agrado con esta formación e co traballo de Alba. 

No seguinte enlace podedes ver algunha das fotos da sesión: