11 FEB- Día Internacional da Muller e da nena na ciencia
Con motivo da conmemoración o 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, desenvolveuse no noso centro este venres día 4 unha charla proposta pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo por parte dunha investigadora desa institución. Actividade encadrada dentro da “Iniciativa 11 de Febrero”, unha iniciativa a nivel nacional que, con motivo deste día, invita a encher as axendas dos centros educativos de actividades que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a investigación e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero neste ámbito.
Nela a doutoranda María Rico Vázquez, pertencente ao persoal docente e investigador da Facultade de Filoloxía e Tradución desta universidade, de xeito moi ameno e entretido, foi poñendo ante nós e contrastando a diferenza entre ser investigador ou investigadora, o prestixio trasposto cara ao home e o merecemento calado por ser muller. Especialista en Refalado intralingüístico e interlingüístico, ao tempo tamén nos mostrou o traballo de investigación que ela leva a cabo na análise dos subtítulos, sobre todo nos medios de comunicación.
Podedes ver algunha das imaxes desta charla no seguinte enlace: