Este sábado 24 de xaneiro terá lugar en Radio Valga o primeiro dos debates que se celebrarán dentro do marco de colaboración entre o IES de Valga e esta radio durante o curso 2014-15. O primeiro dos debates terá como fío condutor as "Redes sociais", e actuará como moderadora do mesmo Ana Patiño. Participarán como contertulios os seguintes alumnos e alumnas de 4º de ESO: Marta Varela, Antía Figueira, Natalia Pérez e Iván Sanmiguel. O debate comezará ás 11 da mañá e terá unha duración de 30 minutos aproximadamente.