Skip to Content

Extraescolares

Alumnado de 2º ESO en Asturias e Cantabria

Alumnado de 2º ESO en Asturias e Cantabria

Alumnado de 2º ESO do noso Centro e do CPI de Pontecesures realizan dende hoxe 23 de abril e ata o venres 26 de abril unha viaxe de estudos polo norte peninsular. Visitarán diversos lugares de Asturias, como Cangas de Onís ou Covadonga e tamén de Cantabria, caso de Santillana do Mar, Potes, Fuente Dé ou Cabárceno. Están acompañados por  profesorado de ámbolosdous centros.

Alumnado de 2º ESO en Covadonga, Asturias           Alumnado de 2º ESO en Comillas, Cantabria 

Alumnado de 2º ESO en Asturias e Cantabria

Alumnado de 2º ESO en Cabárceno  Alumnado de 2º ESO en Covadonga  Alumnado de 2º ESO do noso Centro e do CPI de Pontecesures realizou do 24 ao 27 de abril unha viaxe de estudos polo norte peninsular. Visitaron, entre outros lugares, a praia das Catedrais en Ribadeo; Cudillero, Covadonga e Xixón en Asturias; Santillana do Mar, Potes, Fuente Dé e Cabárceno en Cantabria.

Mercado de sobremesas no noso Centro

Cartel do mercado de sobremesas do alumnado 2ºESO para viaxe a Cantabria   Nas  próximas semanas, e durante os recreos dos luns e venres, haberá un mercado de sobremesas no Instituto, co obxecto de acadar fondos para a viaxe de estudos a Cantabria  de 2º da ESO. Ao lado destas liñas, o impresionante cartel deseñado pola artista María Rosendo Castiñeiras, alumna de 2ºESOA, para anunciar o evento.    
   

Viaxe de estudos a Londres

Vista de Londres desde a London Eye     Explicacións do guía en Chinatown   En Heathrow antes da partida de Londres

Alumnado de 3º e 4º da ESO e de FP Básica do noso Centro realizou entre o 21 e o 25 de xuño unha viaxe de estudos á cidade de Londres, acompañado das profesoras Mª France Mayán e Aurora Vázquez. Foi unha viaxe de estudos organizada pola profesora de Inglés, Mª France Mayán. Tiveron a oportunidade de percorrer as rúas, prazas e parques máis importantes da cidade, visitar o British museum e o museo de Historia Natural, coñecer o funcionamento do metro, viaxar polo Támesis e ata contemplar unha impresionante panorámica dende a London Eye, sempre acompañados por un guía nativo. Á inmersión lingüística e cultural engadiuse a política, porque os rapaces coincidiron co Referendum do Brexit, un tema máis sobre o que falar coas familias que os acolleron no barrio residencial de Ealing.

Alumnado de 1º e 2º ESO visita diferentes espazos da provincia de Lugo

Alumnado de 1º ESO no castro de Vilalonga (Meira Lugo)   Alumnado de 2º ESO no castro de Vilalonga (Meira Lugo)

Alumnado de 2º ESO na área recreativa de Santa Isabel (Outeiro de Rei, Lugo)   Alumnado de 1º e 2º ESO na Casa Museo de Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo)

O luns 2 de maio, o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha visita a deiferentes espazos da provincia de Lugo. Pola mañán estiveron no castro de Viladonga no concello de Meira; ao mediodía pararon na cidade de Lugo e, pola tarde, no concello de Outeiro de Rei. Alí fixeron unha visita guiada á Casa museo de Manuel María. Nese mesmo concello  tamén tiveron a oportunidade de coñecer a área recreativa de Santa Isabel, á beira do río Miño, un espazo dentro da reserva da biosfera Terras do Miño. Finalizou a súa saída no cemiterio onde está enterrado Manuel María, para ofercelle unha pequena homenaxe, entoando unha das súas composicións poéticas: “O carro”. Picando aquí podes ver o vídeo. A actividade foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Dinamización Lingüística e Lingua e Literatura Galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut