Alumnado de 3º e 4º da ESO e de FP Básica do noso Centro realizou entre o 21 e o 25 de xuño unha viaxe de estudos á cidade de Londres, acompañado das profesoras Mª France Mayán e Aurora Vázquez. Foi unha viaxe de estudos organizada pola profesora de Inglés, Mª France Mayán. Tiveron a oportunidade de percorrer as rúas, prazas e parques máis importantes da cidade, visitar o British museum e o museo de Historia Natural, coñecer o funcionamento do metro, viaxar polo Támesis e ata contemplar unha impresionante panorámica dende a London Eye, sempre acompañados por un guía nativo. Á inmersión lingüística e cultural engadiuse a política, porque os rapaces coincidiron co Referendum do Brexit, un tema máis sobre o que falar coas familias que os acolleron no barrio residencial de Ealing. |