Skip to Content

Alumnado de 2º ESO de Valga e Cesures disfrutou dunha viaxe conxunta a Cantabria






As alumnas e os alumnos de 2ºESO do IES Valga disfrutaron recentemente dunha semana en Cantabria. Nesta edición a excursión foi organizada conxuntamente co colexio de Cesures: aquí na foto témolos a todos no Parque de Cabárceno. A viaxe, que xa se fixera en anos anteriores, resulta moi didáctica porque os rapaces ven sitios do máis interesante: este espectacular parque, a Cueva El Soplao, o Teleférico de Fuente De, Santander, Gijón, varios pobos pesqueiros..... Ademais, é unha experiencia bonita porque para moitos é a primeira vez que durmen fóra de casa! Gracias aos profes Manuel Amenedo e Paco Sebio, e ao colexio de Cesures por compartir a experiencia connosco.


Para ampliar foto prema na imaxe




page | by Dr. Radut