Skip to Content

Terremoto de actuacións no IV Festival Axenda 21 do IES Valga 2012

Zoe Santos

Teatro, poesía, música.....e sobre todo o humor caracterizaron o IV Festival Axenda 21 que celebrou o Instituto de Valga no auditorio municipal desta localidade pontevedresa o pasado 25 de abril 2012 baixo o lema "Non aterrorices a terra". Aquí temos á ximnasta Zoe Santos amosando o seu talento entre os globos terráqueos creados como decorado polas profesoras de Plástica, Mar Tejero e Blanca Barrio e o alumnado de 3º C. Medio cento de alumnas e alumnos participaron neste terremoto de actuacións para promocionar a defensa do medio ambiente, entre as que houbo imitacións de políticos e incluso dalgún que outro profe......

Sara Barros, María Rodríguez, Matt Campbell

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O lector de inglés, Matt Campbell, lucíu as súas dotes na guitarra durante a interpretación da canción "Amarás miña terra" con Sara Barros e María Rodríguez, nunha preciosa versión a dúas voces.

 

Pódese consultar a cobertura na prensa  desta actividade premendo AQUÍ

  Presentadores e Johnnie

Os flamantes presentadores este ano foron María López Conde, María López Lorenzo, Pedro Calvo e Elvis García, que foron apoiados por Jonathan Monteagudo.

A profesora Hortensia apareceu para dar unha clase de Ciencias Naturais, seguida nada máis e nada menos que polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Ou en realidade serían os dous unhas impresionantes imitacións a cargo do estudiante revelación deste festival, Iván Sanmiguel de 1º ESO???

Pedro Calvo

E menuda bronca nos botou o mismísimo xefe de estudios, Xosé Antonio Montoto!

Toupas

Jéssica Freire e Luz Iglesias foron dúas enternecedoras toupiñas que se queixaban do trato que lle dan os humanos á terra e aos animais que habitan nela.

2º ESO

Surxiu un novo conxunto de cantantes. Carla Castiñeiras, Natalia Castiñeiras e Olalla Fabeiro, todas de 2º ESO, animaron moito ao público coa súa estupenda actuación.

Maite

Por suposto, non faltaron as actuacións de alumnas e alumnos que xa son estrelas habituais destes eventos. Maite Rodríguez (acompañada de Uxío á guitarra), Lara Alvarez, Verónica Fernández e Javier Carballo (acompañado ao piano por Sergio Castrelo) cantaron outra vez de marabilla; houbo actuacións cómicas a cargo, por exemplo, de Adrián Castiñeiras, Yago Brea e Nicanor Otero; Raquel Bustelo e Fernando Gómez leron poesías; Ana "Botella" Villar resultou ser unha política moi convincente; Iria Varela e Raquel Lafuente protagonizaron o precioso sketch "La bola del mundo"; Alex Barreiro e Lucas Campaña disertaron sobre "atentados tierroristas"; o coro do IES "Os Xílgaros do Ulla" cantou a Mozart; o Troar Quinteto de Metais abriu o acto tras unhas alboradas a cargo dos gaiteiros Ismael Azidane, Pedro Calvo e Guillermo Refojo; Daniel Pérez luciuse de novo como técnico.......

...e todo rematou cunha sorpresa por parte dos profes de verdade, que montaron ante o asombro de todos os seus alumnos unha coreografía baseada no superventas deste ano pero en versión galega, "Ai que eu me opero".

Profes

O resto das fotos de todas e todos os participantes,   están na galería de imaxes. Parabéns a todos vós por conseguir montar outro Festival Axenda 21, e xa van catro!



page | by Dr. Radut