Actividades 2021/2022

Sexualización da vestimenta

A continuación podedes ver o traballo do alumnado de 2º PMAR sobre a sexualización da vestimenta dentro do Proxecta de Igualdade.

"Cousas do Castelao" do EDL

E o noso equipo de dinamización da lingua volveuno facer. Aquí tedes unha revista chea de traballo do noso alumnado e agora tamén en formato digital.

Bo traballo, equipo!

 

A proporcionalidade do corpo humano ao longo da historia

Outro traballo elaborado dentro do Proxecta de Igualdade, neste caso en Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas en 3ºESO C.

O éxito do noso alumnado de adultos no "Faro de Vigo"

Xa sabedes que a promoción de bacharelato de adultos deste curso é extraordinaria, ademais de obter dúas matrículas de honra, acadaron un 100% de aprobados na ABAU. Tanto é así que o Faro de Vigo achegouse ao instituto para falar con parte do alumnado hai uns días. No arquivo adxunto podedes ler a entrevista.

 

Xornadas Municipais de Orientación Escolar

O luns 13 de xuño as alumnas e alumnos de 4º ESO participaron nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar. Daniel Veiga informou ao alumnado do proceso de auto-orientación, e as  ponentes Mª Ángeles Cortés e Raquel Pedrouro incidiron na xestión do talento e na importancia da motivación cara o futuro.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Xornadas orientación concello

Galicia Joven Emprende21

O 10 e o 17 de xuño alumnado de 4º ESO das materias de Economía e Iniciativas Emprendedoras participa nas charlas informativas do programa Galicia Joven Emprende21 nas que recibiron información sobre o programa (orientación laboral, búsqueda de emprego, elaboración de plan de negocio) e como participar no mesmo.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Galicia Joven Emprende

Xornadas de acollida ao alumnado dos CEIPs adscritos ao IES Castelao

Os días 8 e 9 de xuño, o alumnado que se incorporará ao noso IES o curso 2022-23 estiveron coñecendo o seu novo centro acompañados das súas titoras e titores. Alumnas e alumnos de música de 3º ESO recibíronos executando varias obras musicais e tras informarlles das normas xerais do centro realizaron unha visita ás instalacións, coñecendo  ao persoal e os espazos nos que imos convivir a partir de setembro.

Benvida a todas e todos.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Acollida

Charlas sobre sexualidade

 

Alumnado de ESO e 1º de bacharelato ven de participar ao longo do terceiro trimestre nas charlas sobre “Sexualidade, coeducación e condutas de risco  impartidas pola Asociación Amaina, nas que se traballaron o respecto, o consentimento expreso, a expresión e identidade de xénero, as condutas de risco e o uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Sexualidade

Recreando "Conto Azul" de Marguerite Yourcenar

Outro traballo elaborado polo alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato de Debuxo dentro do Plan Proxecta de Igualdade.

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O pasado 21 de xuño disfrutamos da graduación da última promoción de 2º de Bachillerato no cine teatro Salesianos. Como ven sendo tradición, a celebración comenzou coa entrada do alumnado ao compás da Marcha do Antigo Reino de Galicia que deu paso ao discurso dos padriños Rosario Blanco e Pablo Samartín.

Tanto a representante da promoción, Alejandra Seoane, coma adas familias, María Vicente, emocionaron coas súas palabras. Os mellores expedientes, Marta Rodríguez e Olaia Costas, foron agasalladas co tradicional moucho e tras as actuaciones musicales e monólogos de alumnos e profesores, o acto pechou co discurso do director Marco Veiga.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Graduación 2º
Distribuir contido