Libros e material

Listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

Podes consultar no adxunto a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

Axudas para adquirir material escolar no curso 2023/2024

Normativa: Orde do 10 de maio (DOG 19 de maio)
 
Dirixido a alumnado que no 2023/2024 curse 1º, 2º, 3º e 4º ESO.

No curso 2023/2024 o alumnado da ESO usará os portátiles do programa E-dixgal polo que non terán dereito a participar no fondo solidario de libros pero si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Contía das axudas:

Material escolar
Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: Vale de 75 €
Renda per cápita superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000 €: Vale de 60 €
 
Prazo de presentación da solicitude:
- Do 20 de maio ata o 21 de xuño (inclusive).

 - A solicitude será única para todos os fillos matriculados no centro (se a solicitude se fai pola sede electrónica realizarase unha por cada fillo ou filla).

- O alumnado que non estea admitido na listaxe definitiva de admitidos para o curso 2023/2024 deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022/2023.
 
- O alumnado que repita 4º de ESO poderá presentala en setembro no prazo dun mes desde a  formalización da matrícula.

Forma de presentación:

Pode presentar a solicitude de dúas maneiras:

a) De modo telemático a través da aplicación Fondolibros e, a continuación:

1. Presentala a través da Sede Electrónica (procedemento ED330B) ou
2. Imprimila, asinala e entregala coa documentación precisa na secretaría do noso centro.

b) A man usando este impreso e entregalo cuberto coa documentación precisa na secretaría do IES Castelao de 9:00 a 14:45. Pode obter unha copia do impreso no centro.

Teléfonos de información: 886 111 110 / 886 111 117

Documentación que debe acompañar a solicitude:

  • Obrigatorio: Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro do 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, por exemplo
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe  dos  servizos  sociais  ou  do  órgano  equivalente  do  concello  onde  resida  a  familia.
  • (Opcional) Se no Anexo II o solicitante ou calquera membro computable da unidade familiar se opón á consulta dos datos deberá aportar a documentación correspondente (copia DNI, renda, ...)
  • (Opcional) Se é o caso, certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON PERTENZA á Xunta de Galicia.
  • (Opcional) Se é o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • (Opcional) Se é o caso incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
  • (Opcional) Se é o caso de alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%: certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a recoñecido por un órgano que NON PERTENZA á Xunta de Galicia.
  • (Opcional) Se é o caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.
  • (Opcional) Se é o caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 


          
O alumnado en garda ou tutela da Xunta ou aquel con discapacidade igual ou maior ao 65% poderá optar ás axudas con calquera renda.

 

Distribuir contido