Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:
- ESA: do 2 ao 10 de setembro
- Bacharelato Adultos: do 2 ao 20 de setembro
O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas.
*As persoas que non dispoñan de Certificación Académica e non acrediten estudos que poidan ser obxecto de validación e desexen matricularse na ESA por primeira vez, deberán realizar unha proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA), co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. Deberán cubrir na secretaría do centro o impreso para apuntarse nesta proba do 2 ao 10 de setembro.
A data da proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA):
Días 11, 12, 13 de Setembro na Biblioteca do centro.
Está dispoñible o informe AL910-Certif.Comp.dixitais para obter o Certificado de competencias dixitais do alumnado de 4º da ESO. Este informe pode obtelo o alumnado maior de idade ou as persoas responsables a través de abalarMóbil e abalarWeb.
Os certificados COMDIX só están dispoñibles para o alumnado que teña cumpridos os 16 anos na data 30 de xuño de 2024.
Prazos para presentar a documentación da matrícula:
1.- Quen pode presentar a solicitude?
Poderá presentar a solicitude de admisión o alumnado que desexe cursar no IES Castelao a ESO ou o Bacharelato no 2024/2025 en réxime ordinario (diúrno).
O alumnado dos centros adscritos de primaria que xa fixo a reserva de praza e o alumnado que xa está a cursar a ESO ou o Bacharelato no noso IES non precisa facer ningún trámite neste procedemento posto que ten garantida a praza. Non obstante, para conservar a praza deberá matricularse dentro dos prazos establecidos (véxase o apartado 12).
2.- Prazo e lugares de presentación
A solicitude de admisión pode presentarse:
3.- Solicitude de admisión
A solicitude en papel poderase recoller gratuitamente no centro a partir do xoves 29 de febreiro:
As solicitudes de admisión que se presenten a partir do xoves 21 de marzo deberán empregar o seguinte impreso:
- Solicitude de admisión extraordinaria (presentada despois do 20 de marzo)
4.- Sinatura da solicitude e consentimento expreso
A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno ou alumna. Deberá constar TAMÉN o consentimento expreso da outra persoa proxenitora cubrindo anexo II-bis da solicitude.
5.- Petición doutros centros
Na solicitude pódense solicitar ata 5 centros educativos máis por se non resultara admitido/a no IES Castelao. Recomendamos encher este apartado para evitar que lle sexa asignada praza nun centro non desexado.
6.- Documentación que debe acompañar a solicitude
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN TODO CASO:
DOCUMENTACIÓN OPCIONAL:
Non será preciso aportar máis documentación se na solicitude se acepta a consulta automática do domicilio fiscal, familia numerosa, renda, DNI do solicitante e das persoas que conviven e discapacidade. Se non se acepta a consulta automática deberá aportarse a correspondente documentación xustificativa.
No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos de maneira automática poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
7.- Postos escolares ofertados
CURSO | Nº PRAZAS | Reservadas NEAE |
1º ESO | 7 |
3 |
2º ESO | 10 | |
3º ESO | 0 | |
4º ESO | 0 | |
1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA |
34 | |
1º BAC C. SOCIAIS E HUMANIDADES | 27 | |
2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA | 4 | |
2º BAC CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES | 0 |
8.- Puntuación dos diferentes apartados (Baremo)
Clica aquí para consultar a información (PDF).
9.- Criterio complementario establecido polo IES Castelao no baremo
Nota media igual ou superior a 8 na primeira avaliación do curso anterior ao que se opta (por exemplo, se a solicitude é para 1º de bacharelato terase en consideración a nota media da 1ª avaliación de 4ºESO deste ano académico).
Para poder optar a este punto deberase aportar o orixinal e copia do boletín de notas da 1ª avaliación do curso actual. A nota media só se calculará coas notas que figuren no devandito boletín.
10.- Zona escolar do IES Castelao
Pódense consultar as áreas de influencia (ESO e BACHARELATO) do IES Castelao clicando neste enlace. Pódese facer a busca por centro ou por dirección.
11.- Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e prazos de reclamacións
As listaxes definitivas e provisionais do alumnado admitido e non admitido publicaranse exclusivamente no interior do edificio. Tamén se poderán consultar a través da páxina de admisión de alumnado con Chave 365 ou certificado dixital.
12.- Datas de formalización da matrícula
Do 23 de xuño ao 7 de xullo na secretaría do centro, en horario de 9.00 a 14.00
Segundo está previsto na normativa vixente, o alumnado que non se matricule dentro destes prazos perderá o dereito á praza.
13.- Que ocorre se non son admitido/a?
O alumnado non admitido pasará á lista de espera. Segundo se vaian producindo vacantes iremos chamando ao alumnado da lista de espera..
13.- Normativa de aplicación
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022.
Orde do 21 de outubro de 2022.
Orde do 18 de decembro de 2020.
Orde do 25 de xaneiro de 2017.
Orde de 12 de marzo de 2013.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
Sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
14.- Contacto
Teléfonos de información (9:00-14:00): 886 111 110 / 886 111 117
E-mail: admisioncastelao@gmail.com