Educación plástica e visual

21 de maio: Día da Diversidade Cultural

          O martes 21 de marzo festexamos no instituto pola mañá o Día da Diversidade Cultural, así declarado pola Unesco desde 2002 a raíz da Declaración feita un ano antes na que se recolle a importancia de coñecer, respectar e conservar a inmensa riqueza que supón a variedade de culturas que hai no mundo como factor de integración e de inclusión e para un maior entendemento, máxime nestes tempos que corren.

          Ao longo das primeiras clases o alumnado de varios grupos foi baixando a poñer nos mapas colocados no vestíbulo cadansúa bandeiriña no seu lugar de procedencia. Queda ben patente a diversidade existente no noso instituto! 

          Desde o departamento de Plástica, coa colaboración de persoas expertas nesas linguas (profesores como Gloria e Xián ou alumnas como Halima, Yousra, Alesia e Rhida), o alumnado de 3º C elaborou ademais uns fermosos carteis nos que se poden ler os seus nomes transcritos en varios alfabetos (latino, grego, cirílico, coreano e árabe). 

          Á volta do segundo recreo un feixiño de alumnas e alumnos deron lectura en varias linguas a algunhas pasaxes relativas ao sentido e os obxectivos deste Día. Foron: Juan e Carlos de 1º de bacharelato A (inglés), Pablo de 1º ESO A (ucraíno), Thalita de 3º ESO (brasileiro) e Isaac de 2º ESO A (guaraní). 

          Sexamos conscientes da riqueza que nos rodea, coñezámola e fagamos todo o que estea nas nosas mans para a súa conservación. 

"Tristura do souto mudo"

          Este é o título dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, que alumnado de Plástica de 3º B plasmou creativamente nos debuxos que podemos contemplar no vestíbulo do instituto.

          Parabéns pola súa realización, polas súas interpretacións e a quen os guiou nelas!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Tristura do souto mudo

I Concurso Mira quen le

          O mércores día 4 entregáronse os premios deste I Concurso organizado pola biblioteca e mailo departamento de Plástica, que tivo unha alta participación.

          Segundo os votos emitidos polo xurado, constituído por profesorado do centro, estes foron os participantes que gañaron:

1º Premio: Xulia Montes Sobral (4º B)

2º Premio: Iago Álvarez Alonso (1º Bac B)

3º Premio: Lara I. Jiménez Bjarneryd (1º Bac B)

     Todos recibiron cadanseu vale de 25 € para libros e, ademais, outro agasallo de maior ou menor entidade segundo o premio obtido.

     Parabéns a todos os participantes e ánimo para seguir lendo e fotografando.

     Viva a lectura!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Mira quen le

Concurso: Mira quen le!

Como estamos en abril, no mes dos libros, convidámosvos a facervos fotos cun libro e… a ver quen a fai mellor!

 BASES DO CONCURSO.-

-        

Poderá concursar toda a comunidade educativa

Estrelas na biblioteca

          Se queredes sentirvos moi ben, coma no ceo, visitade a biblioteca e contemplade estas estrelas que debuxou o alumnado de 3º A. Decoran tres das mesas longas.

          Continuamos ofrecendo mostras de bo facer por iniciativa do departamento de Plástica, contribuíndo a crear na biblioteca un espazo agradable, luminoso, acolledor, creativo...

          Visitádea!

Exposición de debuxos na biblioteca

          Continuando coa iniciativa do departamento de Educación Plástica e Visual emprendida o curso pasado, as mesas da biblioteca ofrecen desde esta semana unha nova exposición de debuxos. Son do alumnado de 1º de bacharelato e  neles aparecen

Comidas de personaxes literarios

Exposición de debuxos de 2º de bacharelato

     Quen entrou ultimamente na biblioteca terá apreciado o ben que están vestidas algunhas mesas, xa que estrean cuberta de papel e vidro. E entre eles -ou sexa, no medio do papel e o vidro- imos poder contemplar exposicións variadas, como xa podemos facer agora cunha ben fermosa de xerras debuxadas polo alumnado de 2º de bacharelato.

     E toda esta historia vén da man... como non! de Chus e mais de Yolanda, que non paran de lles dar ós miolos.

     E nós que o vexamos!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Exposición de debuxos de 2º de bacharelato
Distribuir contido