Como estamos en abril, no mes dos libros, convidámosvos a facervos fotos cun libro e… a ver quen a fai mellor!
BASES DO CONCURSO.-
-
Poderá concursar toda a comunidade educativa
-
Podes enviar DÚAS fotos como máximo ao correo da biblioteca (bibliotecaramirofonte@gmail.com)
-
As fotos poden ser tiradas con móbil ou con cámara
-
Nelas tes que saír ti cun libro que che guste
-
O xurado estará composto por profesorado do centro
-
Outorgaranse tres premios ás mellores fotos
Con todas as fotos faremos un MURO DAS LECTURAS
ANiMÁDEVOS!!!!!
Podedes presentar fotos ata o 23 de abril.
Podemos construír un muro ENORME se participamos!!!!