Actividades 2019/2020

Xogando coa comida

Traballo realizado polo alumnado de 3º-4ºESO e 1º-2ºBAC utilizando unha materia tan efímera, e ao mesmo tempo tan manipulable e chea de cor como a comida.

10º CONCURSO EUROPEO DE MARCA-PAXINAS

Os alumnos e alumnas de 2 ESO AB e C foron convocados a participar no 10º CONCURSO EUROPEO DE MARCA-PAXINAS.
https://www.iessanclemente.net/programas-europeos/letras-galegas/

Tiñan  que elaborar un marca - paxinas relacionado con Ricardo Carballo Calero nunha cartolina ou papel reforzado. Tamén podían facer unha montaxe co ordenador.

Ao ser unha proposta da materia de Inglés, a particularidade que teñen estes traballos é que por un lado están en galego e por outro en Inglés (non necesariamente ca mesma información)
https://teteg665.blogspot.com/2020/05/bookmarks-second-eso.html

Entre todos os traballos presentados, é unha ledicia comunicarvos que o traballo de ANA DIAZ CARIDE foi premiado cun accesit:

https://www.iessanclemente.net/2020/05/13/10o-concurso-europeo-de-marcapaxinas-fallo-do-xurado/?fbclid=IwAR3J3FQvPYqDFqrV83DzkVlGlpMu2fzWj3ZC1pA6QahxiCkh5kKXa6ENjhk

No seu momento lle será entregado un diploma e un cheque con valor de 30 euros en material escolar e librería. Parabéns!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> 10º CONCURSO EUROPEO DE MARCA-PAXINAS

A corentena de cores

Vídeo do traballo feito polo alumnado de plástica do centro, onde expresan cunha palabra o que sinten na corentena:

Peter Pan

Peter Pan anotado (Grandes libros): Amazon.es: Barrie, J.M. ...

                                                 Peter Pan           J. M. Barrie

Morning Star

MORNING STAR | XOSE MIRANDA | Comprar libro 9788483023303

Morning Star                  Xosé Miranda

Na 2º quincena de febrero o 2º grupo de lectura de 1º de Bacharelato A, B e E leron e falaron da novela Morning Star.

Os fillos do mar

Unha excelente novela: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo ...

Os fillos do mar        Pedro Feijoo

En febreiro, un dos grupos de lectura de bacharelato formado por alumnos de 1º A e E comentaron esta novela de P. Feijoo.

 A trama desenvólvese en Vigo en novembro de 2010.A historia iníciase cado Simón Varela, arquitecto, recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias…

O último traballo do Señor Luna

o ultimo traballo do señor luna-cesar mallorqui del corral-9788496352575

O último traballo do señor Luna                       C. Mallorquí

O segundo grupo de lectura de 3º ESO A leu e comentou en febreiro O último traballo do señor Luna.

Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.

Xogo da Oca

OS DEPARTAMENTOS DE EDUCACIÓN FÍSICA E  DE PLÁSTICA, ELABORAMOS UNHA OCA  ACTIVA, COA INTENCIÓN DE DINAMIZAR OS TEMPOS DE LECER  PARA TODA A FAMILIA.

Clic no arquivo adxunto ou aquí para ver as instrucións

Distribuir contido